Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.284

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 setembro 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia concurso público, polo trámite de urxencia, da asistencia técnica consistente na redacción do proxecto de construcción de seis escalas salmoneiras (05142).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público e polo trámite de urxencia:

Obxecto: vontratación da asistencia técnica consistente na redacción do proxecto de construcción de seis escalas salmoneiras (5142), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Presuposto de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.).

Clasificación: non é necesaria.

Fianza provisional: cento vinte mil pesetas (120.000 ptas.).

Fianza definitiva: duascentas corenta mil pesetas (240.000 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de claúsulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de claúsulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións:

As proposicións serán entregadas no Rexistro Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago), o por calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 11 de outubro de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 16 de outubro de 1995, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 20 de setembro 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

95-06070