Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de urbanización da unidade de actuación Porto.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do día 18 de xullo de 1995 o proxecto de urbanización na U.A. Porto (expediente número 3910/401), sométese a exposición pública polo prazo de quince días hábiles mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, prensa e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificacións individuais ós propietarios do ámbito.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do prazo indicado, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 4 de setembro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde