Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 26 de setembro de 1995 Páx. 7.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA de notificación do 28 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, da resolución do expediente sancionador 80/1992 C incoado por infracción da normativa vixente en materia de caza, devolta polo servicio de correos ó resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos personais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador dictada polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE do 6-4) e do seu regulamento, Decreto 506/1971, do 25-3 (BOE do 30-3).

O denunciado disporá do prazo de un mes, contado a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, ben directamente na propia consellería, a través desta delegación provincial, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da mencionada Lei de procedemento. Transcorrido esta prazo a resolución será firme.

No mesmo prazo de que, se é o caso, dispón para interpoñer recurso ordinario, poderá facer efectiva a sanción imposta, de non desexar impugnar, en calquera oficina de Caixa Ourense, número de conta 44/030/003918/8.

Transcorridos os prazos sinalados, sen ter constancia da interposición de recurso ou do aboamento da sanción, procederase a notificarlle á Delegación de Economía e Facenda para o inicio da vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 28 de agosto de 1995

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: 80/1992 C.

Denunciado: Arturo Fernando Morán.

Último enderezo coñecido: Laioso-Vilar de Santos.

Feito denunciado: cazar sen permiso de couto.

Precep. infrinxido e sancionador: Art. 48.1º 8 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción proposta: 5.000 pesetas.

95-5955