Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 26 de setembro de 1995 Páx. 7.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA de notificación do 28 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, da proposta de resolución que formula o instructor do expediente sancionador de caza 57/1994 C, devolta polo servicio de correos ó resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle o denunciado cos datos personais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE do 6-4) e do seu regulamento, Decreto 506/1971, do 25 do 3 (BOE do 30-3).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Progreso, 161, entrechán, a presenta-los descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

Ourense, 28 de agosto de 1995

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: 57/1994 C.

Denunciado: Camilo Iglesias García.

Último enderezo coñecido: Seoane, s/n. Manzaneda.

Feito denunciado: empregar cans con fins cinexéticos en época de veda.

Precep. infrinxido e sancionador: Art. 48.2º 25 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción proposta: 2.000 pesetas.

6145