Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 26 de setembro de 1995 Páx. 7.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para a contratación da subministración de equipamento para a realización dos traballos de prevención, detección e extinción de incendios forestais durante o ano 1995 (0502).

Por Resolución do 7 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso público.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlles a subministración as empresas:

-Lote 1: 750 traxes ignífugos (camisa e pantalón).

Fábrica Española de Confecciones, S.A., importe de adxudicación: 9.083.250 pesetas.

-Lote 2: 3.800 fundas de algodón ignifugado.

Iturri, S.A., importe de adxudicación: 16.245.000 pesetas.

-Lote 3: 2.300 pares de botas de coiro hidrofugado.

Industrias Losal, S.L., importe de adxudicación: 11.672.500 pesetas.

-Lote 4: 750 cascos de protección.

El Corte Inglés, S.A., importe de adxudicación: 187.500 pesetas.

-Lote 5: 4.000 pares de guantes de traballo.

Forove, S.L., importe de adxudicación: 3.053.120 pesetas.

-Lote 6: 1.100 unidades de máscaras antifume.

Ferca, S.L., importe de adxudicación: 1.859.000 pesetas.

-Lote 7: 1.000 unidades de batelumes.

Iturri, S.A., importe de adxudicación. 2.280.000 pesetas.

-Lote 8: 1.750 unidades de lentes de protección.

Dragüer Hispania, S.A., importe de adxudicación: 1.631.000 pesetas.

-Lote 9: 1.400 unidades de cintos.

Forove, S.L., importe de adxudicación: 1.955.296 pesetas.

-Lote 10: 8.500 m de mangueira para vehículos motobomba.

Incipresa, S.A., importe de adxudicación: 5.768.950 pesetas.

-lote 11: 500 unidades de packs de baterías para equipos portátiles de comunicación por radio.

Veicar, S.L., importe de adxudicación: 5.437.500 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

95-5956