A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, dá a coñecer que por acordo da Dirección Xeral de Industria do 7 de marzo de 1995 sométese a información pública o estudio de impacto ambiental seguinte:
Proxecto: aproveitamento da sección A para area e grava. Explotación Saíñas, nº 321.
Situado en: Oímbra, concello de Oímbra (Ourense).
Solicitante: Hermanos Pérez Carrajo, S.A.
O que se fai público para calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 30 días hábiles contados a partir da presente publicación e de conformidade co establecido no punto 2 do artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.
Ourense, 14 de agosto de 1995.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
95-5938