Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 26 de setembro de 1995 Páx. 7.242

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 11 de setembro de 1995 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde.

De conformidade co establecido no Decreto 252/1994, do 29 de xullo, polo que se crean as xerencias de atención primaria da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a súa estructura directiva, e na Orde do 11 de maio de 1995 pola que se desenvolve a estructura directiva das xerencias de atención primaria de Galicia, esta consellería, en exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo de director de Xestión e Servicios Xerais da Xerencia de Atención Primaria de Lugo. O réxime xuídico aplicable será o previsto no Decreto 252/1994, do 29 de xullo.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os interesados que reúnan os requisitos sinalados no artigo 5 do Decreto 252/1994, do 29 de xullo.

Terceiro.-Os aspirantes deberán presentar xunto coa solicitude un currículo e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos alegados, ademáis dos requisitos esixidos na normativa á que fai referencia no apartado anterior.

Cuarto.-As ditas solicitudes poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das súas delegacións provinciais, nos das direccións provinciais do Sergas, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto.-O aspirante que resulte seleccionado deberá tomar posesión nos prazos sinalados no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

No suposto de que obteñe destino un aspirante pertencente a outras administracións públicas, o seu cesamento deberá levarse a cabo de acordo coa lexislación da súa Administración de procedencia e quedará na situación que proceda, de acordo coas súas normas específicas.

A aquel funcionario de carreira da Administración do Estado que resulte seleccionado seralle de aplicación o disposto no parágrafo segundo do artigo 22 do Real decreto 28/1990, do 15 de febreiro (BOE nº 14, do 16 de febreiro), requiríndose, en consecuencia, o informe favorable no departamento en que presta os seus servicos. De non emitirse o dito informe no prazo de quince días, este considerarase favorable.

Así mesmo, no caso de resultar seleccionada algunha persoa que teña a condición de persoal estatutario do sistema nacional de saúde en propiedade, será declarada polo organismo competente ou ben na situación de excedencia especial en activo, prevista no artigo 13 do Estatuto xurídico do persoal médico da Seguridade Social, ou ben na situación de excedencia especial prevista no artigo 34 do Estatuto de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os postos de traballo convocados, de considerarse oportuno.

Sétimo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

95-06196