Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 26 de setembro de 1995 Páx. 7.241

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de setembro de 1995 pola que se resolve a convocatoria, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola Orde do 3 de xullo de 1995 (DOG nº 141 de 24 de xullo de 1995).

Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei.

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios dos que se expresan os seus datos no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron as prazas, producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo de un mes se se trata de distinta localidade, conforme ó establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cursen alta os funcionarios, realizará, dentro dos prazos sinalados nos apartados anteriores, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.

Das dilixencias efectuadas darase traslado, mediante fotocopias, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

6106