Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 26 de setembro de 1995 Páx. 7.240

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 18 de setembro de 1995 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para as Comunidades Galegas.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, por Orde do 21 de xullo de 1995 (DOG número 147 do 2 de agosto ), no uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º, da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes apartados:

1. Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.

2. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou de un mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima desta convocatoria.

3. O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña a praza, consignarán no título asministrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, a Dirección Xeral da Función Pública.

4. Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Número de rexistro: 3302772202 A1616

Grupo: C.

Apelidos e nome: Pomar de la Iglesia, Federico.

Posto de traballo: xefe unidade de apoio Secr. Xeral.

Nivel: 25

Código do posto: PR.PO3.00.000 15770.031

Dependencia: Secretaría Xeral para as CCGG.

Localidade: Santiago de Compostela.

6148