Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 26 de setembro de 1995 Páx. 7.232

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Cementos Cosmos, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Cementos Cosmos, S.A. (código 2700102), da provincia de Lugo, asinado o 29 de xuño de 1995, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 6 de xullo de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Décimo primeiro convenio colectivo de traballo para a empresa Cementos Cosmos, S.A.

Capítulo preliminar

Intervinientes

O presente convenio colectivo foi negociado e subscrito, dunha parte, polo comité de empresa da factoría de Oural de Cementos Cosmos S.A., e doutra, polos representantes designados pola dirección da empresa. Ámbalas partes recoñécense a lexitimación esixida polos artigos 87 e 88 da Lei 8/1980 do estatuto dos traballadores.

Capítulo I

Disposicións xerais

Sección primeira

Ámbitos

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo será de aplicación nos centros de traballo da factoría de Oural, canteira de Vilavella e canteira de Val do Mao da empresa Cementos Cosmos, S.A., na provincia de Lugo.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Aféctalle este convenio á totalidade do persoal pertencente ó cadro da sociedade e que se atope prestando os seus servicios dentro do ámbito territorial expresado no artigo anterior, así como o que ingrese na sociedade do referido ámbito durante a súa vixencia, agás o

persoal que logo da súa libre, voluntaria e expresa aceptación, sexa considerado como «persoal fóra do convenio», entendéndose como persoal fóra do convenio o persoal directivo. Este último, non obstante, poderá renunciar en calquera momento a esa condición e acollerse ó réxime de convenio.

Artigo 3º.-Vixencia e duración. Denuncia.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa publicación no BOP e a súa duración será ata o 31 de decembro de 1995. Para a denuncia do convenio, procederase cunha antelación de trinta días como mínimo antes do seu vencemento. A dita denuncia efectuarase por calquera das partes e por escrito.

Sección segunda

Absorción, compensación e condicións máis beneficiosas

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As melloras resultantes do presente convenio serán absorbidas naquelas cuestións concretas que sexan superadas por disposición legal. Estas cuestións serán inmediatamente aplicadas ó presente convenio.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense co carácter de mínimos dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás aquí abranguidas, mentres non sexan absorbidas ou superadas pola aplicación doutras normas laborais.

Sección terceira

Comisión paritaria e arbitraxe

Artigo 6º.-Comisión de vixilancia.

Para vixia-lo cumprimento do convenio e co fin de interpretalo, cando proceda, constitúese unha comisión mixta de vixilancia formada por catro membros como máximo da representación de traballadores e outros tantos en representación da empresa, todos eles co seu respectivo suplente.

Compoñentes desta comisión:

-Representantes da empresa:

Luis Fugarolas Vila.

José Antonio Valcárcel Tallos.

José Luis López López.

Miguel Rodríguez del Río.

-Representantes dos traballadores:

Carlos López Castro.

José Luis López López.

José Luis López Armesto.

Manuel Valcárcel Mourelo.

Actuarán como secretarios desta comisión dous dos seus vocais, un en representación da empresa, e outro en representación dos traballadores, que levantarán acta conxunta das reunións.

Co exclusivo obxecto de dirixi-las reunións, sen poder decisorio ningún nin voto de calidade, designarase en cada reunión un presidente moderador. Este cargo será desempeñado alternativamente por un vocal da representación dos traballadores e outro da representación empresarial.

Ámbalas representacións poderán asistir con tres asesores, como máximo, que poderán ser alleos á empresa, os cales terán voz pero non voto.

As reunións desta comisión celebraranse cando o solicite calquera das partes. As convocatorias cursaranas os secretarios comunicando á orde do día. O domicilio da comisión mixta será o propio da empresa.

A comisión, por medio dos seus secretarios, publicará os acordos interpretativos do convenio e facilitaralle copias á empresa e á representación dos traballadores, no prazo que en cada caso se determine.

As decisións tomaranse considerando que cada vocal ten un voto.

Será da competencia da comisión regula-lo seu propio funcionamento.

Artigo 7º.-Arbitraxe.

Calquera discrepancia, individual ou colectiva que poida xurdir entre as partes, respecto á interpretación ou aplicación deste convenio, será sometida obrigatoriamente, pola parte ou partes que o promovan, á comisión de vixilancia do convenio, que resolverá no prazo máximo de 20 días, desde a data na que a presentaran. Os seus acordos serán adoptados por maioría simple.

No caso de que esta non chegue a un acordo, a cuestión será sometida ó procedemento extraxudicial de solución de conflictos de traballo regulado na Resolución do 9 de marzo de 1992 da Dirección Xeral de Traballo e Promoción de Emprego, DOG do 8-4-1992.

Recaída a dita arbitraxe ou obtida avinsa previa, tanto en trámite conciliatorio como en trámite de mediación, ámbalas partes comprométense a cumprir nos seus propios termos a decisión que se adopte sen prexuízo das accións ás que houber lugar.

Capítulo II

Política de emprego

Sección primeira

Disposicións xerais

Artigo 8º.-Contrato de traballo.

Na contratación de traballadores observarase o establecido na Lei 2/1991, do 7 de xaneiro (BOE 8-1-1991 ), sobre dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación.

Artigo 9º.-Período de proba.

Tódalas incorporacións de novos traballadores estarán sometidas a un período de proba que poderá ser de ata 9 meses para o persoal titulado e ata dous meses para o resto dos traballadores.

Durante este período, tódolos dereitos e obrigas serán os mesmos que para o persoal fixo, a excepción da posibilidade de rescisión do contrato, que poderá producirse por decisión de calquera das partes cun preaviso de 24 horas.

Artigo 10º.-Expediente de crise.

Tres meses antes de que a empresa solicite calquera expediente, abrirase unha información e discusión cos sindicatos e o comité da empresa.

Artigo 11º.-Xubilacións.

A xubilación será ós 64 anos, no caso de que a pedira calquera das partes, traballador ou empresa, e será regulada de acordo co Real Decreto 1194/1984, do 17 de xullo, (BOE 20-7-1994).

Para os traballadores que teñan sesenta anos cumpridos e se atopen diminuídos física ou psiquicamente polo desempeño do seu traballo, a empresa estudiará cada caso en particular, para proceder á súa xubilación ó cen por cento da súa base reguladora.

Sección segunda

Xornada de traballo

Artigo 12º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, en cómputo trimestral e inclúese media hora de bocadillo para a xornada continuada.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

Acórdase reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias consonte cos seguintes criterios:

1. Horas extraordinarias habituais: supresión.

2. Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes: realización.

3. Horas extraordinarias por causas de forza maior ou estructurais: realización.

De acordo co disposto na O.M. do 1º de marzo de 1983, e para os efectos do regulamentado no artigo 7 do Real decreto 92/1983, entenderanse por horas estructurais as necesarias por pedidos imprevistos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou circunstancias de carácter estructural, derivadas da natureza da actividade de que se trate, ou mantemento sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente.

Para iso, notificaráselle así, mensualmente, á entidade laboral. En todo isto, haberá que aterse á O.M. do 1º de marzo de 1983.

4. Na empresa constituirase unha comisión, integrada por dous membros do comité da empresa e un representante da dirección, que terá as funcións seguintes:

a) Examinar se as horas extras realizadas no mes anterior se axustan a estas normas.

b) Facer propostas e suxerencias á dirección da empresa.

c) Denunciar á dirección do centro os incumprimentos que puidesen observarse.

d) Recibir periodicamente (mensualmente) unha relación por grupos de traballo das horas realizadas e poder acudir á sección de persoal para aclarar calquera dúbida que se presente ó respecto.

5. As horas extras repartiranse equitativamente entre os traballadores, cando a organización dos traballos o permita.

6. O importe das horas extras queda fixado na contía que para cada banso e antigüidade se sinala no anexo III.

Artigo 14º.-Días festivos.

Ademais dos establecidos no calendario laboral, establécese como festivo para tódolos efectos, o día

4 de decembro, Sta. Bárbara, considerado coma o día da patrona. No caso de coincidir este día con outro de descanso, trasladarase a outro laboral.

No caso de coincidir algún dos días festivos en sábado, compensarase a todo o persoal que realice a súa xornada de luns a venres.

Artigo 15º.-Vacacións e permisos retribuídos.

O cálculo para os pagamentos destas percepcións efectuarase como se permanecese traballando.

Para todo o persoal, as vacacións serán de trinta días naturais.

Aqueles traballadores que, por motivos da empresa, non desfruten 19 días continuados na época de verán, poderán optar por percibi-la compensación económica sinalada no anexo IV, ou desfrutar 5 días laborables máis de vacacións, logo de un acordo coa empresa.

Capítulo III

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 16º.-Comité de seguridade e hixiene

O comité de seguridade e hixiene é un órgano representativo, colectivo e unitario de tódolos traballadores da empresa, cun funcionamento autónomo e vinculado ó comité de empresa. As súas funcións e atribucións serán as seguintes:

a) Promover na empresa a observancia das disposicións vixentes en materia de seguridade e hixiene.

b) Estudiar e propoñe-las medidas oportunas para a prevención de riscos profesionais, protección da vida, integridade física, saúde e benestar dos traballadores.

c) Ser informados pola dirección da empresa das medidas concretas que se previsen en materia de seguridade e hixiene e te-la facultade de propoñer adecuacións, modificacións ou adicións pertinentes ó plan de seguridade.

d) Solicitar da empresa as estadísticas sobre o índice de absentismo e a súas causas, os accidentes de traballo, enfermidades profesionais e as súas consecuencias, así como os índices de sinistralidade.

e) O comité de seguridade e hixiene poderá paraliza-la realización dun traballo, no único suposto de risco grave para as persoas.

f) A execución de acordos en materia de seguridade e hixiene, adoptados polo comité de seguridade e hixiene ou pola dirección da empresa, levaranse a cabo polos órganos da empresa designadas para o efecto por ela.

O comité de seguridade e hixiene terá a composición determinada na ordenanza vixente; non obstante, co fin de potencia-la participación dos traballadores neste, elévase a sete o número dos representantes dos traballadores, que serán elixidos proporcionalmente ó censo dos centros de traballo de fábrica e canteiras. O presidente e o secretario serán elixidos por e entre os membros do comité de seguridade. Un dos membros, como mínimo, pertencerá ó comité de empresa.

O comité de seguridade e hixiene reunirase en horas de traballo obrigatoriamente unha vez ó mes e sempre que o acorde o presidente, por propia iniciativa ou

a petición de, polo menos, tres dos seus compoñentes. Os membros deste comité poderán celebrar reunións preparatorias nos casos nos que se consideren oportunas.

Na convocatoria das reunións citarase a orde do día e levantarase acta en cada unha delas con remisión de copia ó comité de empresa.

Capítulo IV

Representación dos traballadores

Artigo 17º.-Representación dos traballadores.

En todo o referente ós órganos de representación dos traballadores, haberá que aterse ó título II da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, así como á Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical e á restante lexislación que resulte de aplicación. As horas sindicais serán acumulables entre os diferentes representantes dos traballadores.

Capítulo V

Retribucións

Sección primeira

Artigo 18º.-Incremento salarial.

Incrementaranse tódolos conceptos económicos o 4%, agás o plus de quenda, que se incrementa o 6,4%, con efectos desde o 1 de xaneiro de 1995.

A antigüidade rexerase polo disposto no artigo 22º.

Sección segunda

Conceptos retributivos

Artigo 19º.-Soldo base.

É a parte da retribución do traballador fixada por unidade de tempo; nel enténdense incluídos os complementos de posto de traballo que retribúen as condicións específicas dos postos de traballo, agás o establecido no artigo 23º. O importe deste é o reflectido no anexo I.

Artigo 20º.-Prima de producción variable.

Establécese esta prima para todo o persoal, incluído o de ensacado, en función da producción de clinker, que será mínima segundo as cantidades que se expresen na táboa de salarios do anexo I e incrementarase o seu valor de acordo co aumento da producción de clinker, segundo o anexo II. O cálculo desta efectuarase polo total anual móbil (TAM).

Artigo 21º.-Gratificacións extraordinarias.

Con motivo das festividades de Santiago e Nadal, a empresa aboará unha gratificación en cada unha destas festividades, pagadoiras o 20 de xullo e 0 20 de decembro; no caso de coincidiren estes días en non laborables, efectuarase o seu pagamento no primeiro día laborable anterior.

O importe de cada unha delas será unha mensualidade do soldo convenio, antigüidade e a prima mínima do anexo I, sen que en ningún caso se teña en conta o período de incapacidade laboral transitoria para o seu cálculo.

Artigo 22º.-Paga de beneficios.

O importe da paga de beneficios devengada en 1995, que se aboará en xaneiro de 1996, será a corres

pondente a unha mensualidade de soldo base, antigüidade e a prima mínima do anexo I.

En ningún caso se terá en conta o período de incapacidade laboral transitoria para o seu cálculo.

Artigo 23º.-Antigüidade.

Tomarase, para o seu cómputo, o salario mínimo interprofesional e aplicaránselle as porcentaxes e o tempo sinalados na ordenanza de traballo da construcción, vidro e cerámica do 28-8-1970. Actualizarase en cada momento e automaticamente segundo os incrementos do salario mínimo interprofesional.

Artigo 24º.-Plus de traballo por quendas.

O traballo por quendas, entendéndose por tal o que se presta en xornada ininterrompida de oito horas, de mañá, tarde e noite, en quenda rotativa, gratificarase cun plus, consistente no valor expresado no anexo IV. Os traballadores que presten os seus servicios en dúas quendas rotativas (mañá e tarde) gratificaranse cun plus, segundo o valor expresado no anexo IV.

Devengarase este plus mentres o productor realice as súas funcións segundo o disposto neste artigo, e deducirase unicamente deste cómputo o período no que se atope de baixa por incapacidade laboral transitoria.

Tamén devengará durante as vacacións proporcionalmente ó devengado por este concepto durante o período anterior, computado de vacación a vacación. Tamén terá dereito a este plus o traballador que, estando en quenda o 70% do ano, sexa incorporado de forma temporal a quenda central ou dúas quendas, por necesidades da empresa.

Para os efectos do aboamento do plus de traballo por quendas, establécese que será devengado tamén polo traballador que non está a quenda rotativa e que, por necesidades de servicio, teña que ser incorporado de forma frecuente a este réxime mentres dure esta situación.

Non se considerará en réxime de traballo por quendas o traballador que, aínda tendo un horario de traballo coincidente cunha calquera das quendas, non efectúe rotación normal de horario, a menos que sexa por interese da empresa.

Artigo 25º.-Gratificacións de traballos de Noiteboa, Noitevella e Reis.

O persoal que teña que traballar algunha noite destes días (do 24 ó 25 de decembro, do 31 de decembro ó 1 de xaneiro e do 6 ó 7 de xaneiro), será gratificado coa cantidade fixada no anexo IV por cada noite traballada.

Artigo 26º.-Prima por reparación de fornos.

A empresa efectuará o aboamento por este concepto nas pagas mensuais de xuño e decembro, por un valor mínimo expresado no anexo IV, repartido entre os traballadores das seccións que realizan as reparacións dos fornos, se ben o diñeiro desta prima variará segundo a empresa e os representantes dos traballadores consideren o grao de rapidez e calidade con que se realizasen os traballos.

Establécese que a cantidade para repartir entre os traballadores de cada sección será:

a) 60% da cantidade acordada para cada semestre, repartida por igual (a mesma cantidade) entre os traballadores de cada sección que participa na reparación.

b) O 40% restante das citadas cantidades repartirase, incrementándose a cantidade do 60% entre os traballadores que participan directamente na reparación, das seccións de obras, fabricación, seguridade, B. móbil, T. mecánico e taller eléctrico.

Para a cantidade do 60% anúlase a puntuación e calcularase esta cantidade en función das horas que sexan consideradas como tales nas reparacións.

A cantidade do 40% repartirase entre os traballadores en función da puntuación (do 1 ó 3) e das horas traballadas. As puntuacións provisionais obtidas polos traballadores que participen nas reparacións serán revisadas e elevadas a definitivas polos responsables de cada sección, conxuntamente con tres membros do comité de empresa.

Cada traballador recibirá notificación escrita das horas que se lle computaron como de reparación de fornos e a súa puntuación.

Artigo 27º.-Plus de distancia.

Terán dereito a este plus aqueles traballadores que, desde a súa resiencia ó lugar de entroncamento co percorrido do servicio do ómnibus facilitado pola empresa, teñan que cubrir unha distancia de máis de dous quilómetros.

Percibirán a cantidade estipulada no anexo IV por cada quilómetro percorrido de ida e volta e por cada xornada laboral, sen exclusión de ningún quilómetro de percorrido.

Artigo 28º.-Axudas de custo.

Pagaranse os gastos mediante a presentación de factura, incrementados nas cantidades sinaladas no anexo IV, (axudas de custo, apartado A). Tamén poderán opta-los traballadores por cobra-las cantidades do apartado B) do citado anexo, sen que se paguen os gastos.

Capítulo VI

Acción social

Artigo 29º.-Premios por vinculación.

A empresa establece un premio de vinculación ós traballadores que cumprisen vinte anos de antigüidade nelas, ben de forma continuada ou alterna sen rompe-lo seu nexo laboral, así como aqueles traballadores que, por xubilación, incapacidade total permanente, absoluta e gran invalidez ou falecemento non acaden os 20 anos de antigüidade.

Este premio consistirá en:

1. Unha placa conmemorativa de prata.

2. Un premio en metálico cun importe que se fixa no anexo IV.

3. Anulación de faltas leves, graves e moi graves en expediente laboral.

Artigo 30º.-Complemento de enfermidade.

A empresa complementará ata o 100% do salario convenio máis antigüidade e a prima mínima desde o primeiro día, se non se supera a porcentaxe de absentismo da sección; cando se dea superado esta porcentaxe de absentismo, a empresa complementará ata o 100% dos conceptos citados a partir do día 25 da data de baixa. O servicio médico de empresa informará os casos nos que proceda aboar tal complemento, para o cal poderá efectua-los recoñecementos ou accións que considere oportunas.

Artigo 31º.-Axuda a minusválidos e subnormais.

Aqueles traballadores en situación activa que teñan a cargo fillos minusválidos ou subnormais recoñecidos segundo as normas do INSS, percibirán a cantidade mensual reflectida no anexo IV por cada fillo subnormal ou minusválido. Así mesmo, a empresa aboará os gastos que a Administración do Estado non cubra naqueles casos nos que asistan a escolas de educación especial.

Artigo 32º.-Axuda de estudios.

1. Terán dereito a optar a esta axuda os fillos de productores en activo, de viúvas de traballadores e de xubilados.

2. As contías mínimas establecidas no anexo IV serán revisadas tódolos anos e cubrirán os seguintes conceptos:

-EXB (4º e 8º).

-FP, BUP, COU ou similares.

-Estudios técnicos e universitarios ou similares.

3. As contías anteriores incrementaranse segundo concorra o alumno nas seguintes circunstancias:

a) Cando teña que utilizar medios de transporte para acudir ó centro de estudios.

b) Se, ademais do exposto no apartado anterior, tamén ten que comer fóra da súa residencia familiar.

c) Cando deba residir fóra da súa residencia.

4. Os mínimos establecidos nos apartados 2 e 3 serán incrementados nun 50% para fillos de viúvas de traballadores e fillos de productores xubilados que teñan uns ingresos mensuais que non superen a cantidade mensual sinalada no anexo V.

5. Concederanse axudas económicas para estudios que tendan ó perfeccionamento dos traballadores, extensible ás súas esposas, dentro da súa liña de promoción, ou ben contribúa á elevación do seu nivel cultural, de acordo coa sistemática establecida nos apartados precedentes.

Artigo 33º.-Seguro de accidentes.

A empresa concertará ó seu exclusivo cargo, unha póliza de seguros que cubrirá a tódolos traballadores en activo polos riscos de morte ou invalidez total ou absoluta, derivada de accidente ocurrido as 24 horas do día (agás riscos extraordinarios excluídos pola compañía de seguros) e enfermidade profesional, pola contía recollida no anexo IV. As novas coberturas e o incremento do importe desta entrarán en vigor un mes despois da sinatura do convenio.

Artigo 34º.-Transporte de accidentados e enfermos.

A empresa porá a disposición do persoal accidentado ou enfermo que teña que presentarse nos centros médicos desta, o medio de transporte axeitado ou, no seu defecto, aboaralles ós traballadores que estean nesta situación o importe correspondente a este traslado.

Capítulo VI

Disposicións derradeiras

Artigo 35º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas no presente convenio forman parte dun todo orgánico, indivisible e, para efectos da súa interpretación e aplicación práctica, haberán de ser consideradas globalmente sen que, por iso, sexa procedente acudir ás disposicións favorables e rexeita-las que na súa illada consideración non o sexan.

Artigo 36º.-Publicidade.

A empresa deberá ter exposto un exemplar do presente convenio en cada un dos centros de traballo para o debido coñecemento de todo o persoal.

Artigo 37º.-Normas supletorias.

No non previsto no presente convenio, aplicarase a ordenanza de traballo sobre a construcción, vidro e cerámica do 28-8-1970, así como a lexislación laboral de aplicación xeral vixente en cada momento e o reflectido no sétimo convenio colectivo.

ANEXO I

TÁBOA DE SALARIOS CON EFECTOS DE 1º DE XANEIRO DE 1995

CategoríasEsc.Soldo base

mes

Prima fixa

e variable

Total mes

Subdirector de sección-174.210134.727308.938

Técnicos titulados-174.210 71.162245.372

Axudantes-136.319 82.928219.247

Xefe Admvo. 2ª, Delte. Sup., Enc. laboratorio

físico, químico, programación Cont. de Fáb. e mes-

tre de taller «A»

10124.819 76.578201.397

Ofic. 1º Admvo., X. quenda «A», M. taller «B»

e de obras «A», Enc. Mant. canteira

9121.032 68.157189.189

Enc. almacén e M. obras «B»8118.709 66.134184.843

CategoríasEsc.Soldo base

mes

Prima fixa

e variable

Total mes

Enc. B. móbil, X. quenda «B», M. taller «C»

vixilante de obras

7112.702 58.714171.416

Delineante, Cod. pas e trailer, Ofic. 1º «A»6106.752 53.383160.135

Capataz5.1 99.495 57.373156.868

Ofic. 2ª Admvo., Ofic. 1ª oficio «B», perforista5.2 99.495 53.379152.873

Ofic. 2ª oficio «A», Aux. organización4 94.201 46.624140.825

Ofic. 2ª oficio «B», persoal de ensacado3 91.154 45.383136.537

Ofic. 3ª oficio, almaceneiro, telefonista, guardias

e basculeiros

2 89.833 43.132132.965

Peóns1.1 89.691 43.072132.763

Ordenanza e mulleres limpeza1.2 89.691 38.602128.293

Salario mínimo interprofesional 62.700

ANEXO IV

IMPORTES DOS CONCEPTOS ECONÓMICOS DESDE 1-1-1995

ArtigoConceptoImporte

15Vacacións fóra de período (ptas./ano)20.514

24Quenda rotativa 3 quendas (ptas./mes)23.531
Quenda rotativa 2 quendas (ptas./mes)7.214

25Noiteboa, Noitevella e Reis (ptas./ano)9.465

26Prima reparación forno1.401.404

27Plus distancia (ptas./km)23,44

28Axudas de custo (ptas./día)
A) Axuda de custo completa máis gastos

con factura

1.905
Media axuda de custo máis gastos

con factura

953
B) Axuda de custo completa sen gastos7.272
Media axuda de custo sen gastos3.636

29Premio vinculación189.477

31Axuda minusválidos (ptas./mes)8.987

32Axuda por estudios (ptas./ano)
EXB (4º a 8º)21.085
FP, BUP, COU44.148
Estudios técnicos, universitarios76.795
a) Transporte para acudir ó centro5.269
b) Transporte e comida15.990
c) Residencia fóra do seu domicilio habitual31.639
Ingresos máximos Apdo. 4º100.187

33Seguro de accidentes
Ata 30/6/19953.500.000
Desde 1/7/19953.640.000

OUTROS CONCEPTOS
Gratif. traslado canteira (ptas./mes)21.643

Plus de mando (ptas./ano)de 0 a

1.149.899

5546