Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 26 de setembro de 1995 Páx. 7.230

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 11 de setembro de 1995 sobre revisión de prezos e tarifas máximas por servicios concertados de transporte sanitario.

O Real decreto 1679/1990, do 28 de decembro, polo que se aproban as transferencias á Comunidade Autónoma galega das funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde, establece como unha das súas funcións, a actualización dos concertos coas entidades e institucións sanitarias ou asistenciais que presten servicio na Comunidade Autónoma.

A Lei 8/1991, do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Servicio Galego de Saúde, establece no seu artigo 4 d) como competencia da Consellería de Sanidade (na actualidade Consellería de Sanidade e Servicios Sociais por Decreto 291/93 do 11 de decembro), aproba-los módulos económicos para a prestación dos servicios concertados, así como a súa modificación e revisión.

A orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 19 de setembro de 1994, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 191, do día 3 de outubro de 1994, establecía as normas para a revisión de prezos e tarifas máximas por servicios concertados de transporte sanitario para 1994.

Tendo en conta a evolución de índices de prezos en 1994 e as previsións para 1995, resulta necesaria a actualización das condicións económicas dos concertos actualmente vixentes, así como a das tarifas máximas establecidas para as diferentes modalidades de servicios

En virtude de todo isto, a proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos,

DISPOÑO:

Artigo 1º-Ambulancias asistidas.

1. As tarifas máximas para 1995, para o traslado de enfermos nesta modalidade de transporte serán as seguintes:

Por cada servicio urbano:

Se o médico e ATS é persoal da empresa concertada: 31.995 ptas.

Se o médico e ATS é persoal do Sergas: 25.331 ptas.

Por cada servicio interurbano:

Se o médico e ATS é persoal da empresa concertada, por Km: 191 ptas.

Se o médico e ATS é persoal do Sergas, por Km: 124 ptas.

Tempo de espera:

Se o médico e ATS é persoal da empresa concertada, cada hora: 3.665 ptas.

Se o médico e ATS é persoal do Sergas, por cada hora: 2.463 ptas.

2. O tempo de espera, para o efecto de aplicación da tarifa fixada por este concerto, computarase cando se advirta ó conductor da ambulancia da necesidade

de regreso do enfermo, para traslados interurbanos distantes máis de 40 Km; aboarase a tarifa establecida por horas completas desde a primeira hora de espera, esta incluirá e ata un máximo de 4 horas, e non se aboarán tempos de espera por períodos inferiores a 60 minutos.

Os concertos vixentes que non incorporaran este concepto nos seus contratos, requirirán a aceptación expresa da empresa concertada para a súa incorporación.

3. As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente orde, revisaranse aplicando sobre as tarifas de cada concerto o 3,5 por 100 de aumento para cada modalidade de servicio, sempre que as tarifas resultantes non sexan superiores ás tarifas máximas establecidas no presente artigo.

Artigo 2º .-Ambulancias non asistidas.

1. As tarifas máximas aplicables para 1995, polo traslado de enfermos nesta modalidade de transporte, serán as seguintes:

Transporte

programado

Pesetas

Transporte

non programado

Pesetas

Servicios interurbanos:

Por cada quilómetro

55,0860,30
Servicios urbanos:

Por cada servicio urbano:

En poboacións de máis

de 200.000 habitantes

1.666,001.825,00
En poboacións de ata

200.000 habitantes

1.178,001.291,00
Tempo de espera:

Por cada hora:

1.579

O cómputo e aboamento do tempo de espera realizarase tal e como se define no Art. 1º da presente orde, con independencia de que o servicio sexa ou non programado.

Artigo 3º.-Transporte colectivo de enfermos.

1.- Transporte colectivo interurbano. As tarifas máximas para os novos concertos que se subscriban en 1995, polo traslado de enfermos nesta modalidade de transporte, serán as seguintes:

1.1. Importe fixo mensual: 251.871 ptas./vehículo. Este importe aboarase por cada mes que o vehículo prestase os seus servicios a requirimento das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, e inclúe a realización polo vehículo dun mínimo de 75 servicios mensuais, considerando como servicio o traslado dun enfermo desde o seu domicilio a un centro asistencial e o retorno.

1.2. Importe por quilómetro, 50 ptas. Este importe aboarase polos quilómetros percorridos diariamente, calquera que sexa o número de enfermos trasladados, e non se computarán os percorridos en valeiro e determinaranse o número de Km. segundo as distancias

máis curtas entre as localidades da ruta contidas no mapa oficial de estradas, editado polo Ministerio de Obras Públicas e Transportes.

1.3 Importe por servicio adicional: 317 ptas. Este importe aboarase polos servicios realizados que superen os 75 mensuais establecidos no punto 1.1 e coa mesma definición.

2. En atención ás necesidades asistenciais concretas, a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria poderá propoñe-la concertación de Servicios de Transporte Colectivo de enfermos no medio urbano, logo da determinación das tarifas aplicables en cada caso.

Artigo 4º

As tarifas dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde poderanse incrementar nun 3,5 por cento, sempre que non superen as tarifas máximas establecidas nos artigos 1º, 2º e 3º. Igualmente poderanse incrementar na porcentaxe máxima do 3,5 por cento, os concertos de transporte sanitario subscritos polo Sergas distintos dos sinalados nos anteriores artigos, excepto os formalizados no ano 1995.

Artigo 5º.-Concertos especiais de transporte.

Dentro do plan asistencial de transporte sanitario de cada provincia e cando o Servicio Galego de Saúde o considere necesario para garanti-lo servicio de transporte sanitario, calquera que sexa a modalidade deste, en determinadas poboacións, poderase contratar mediante o establecemento dunha contraprestación económica consistente nun canon fixo mensual.

Este canon calcularase en función da previsión de servicios que se vai realizar e do número posible de enfermos usuarios, así como das distancias existentes ós centros de tratamento.

A contraprestación que se estableza non poderá supera-las tarifas vixentes con carácter xeral. As condicións administrativas e económicas deberán ser aprobadas polo Servicio Galego de Saúde.

As condicións económicas dos concertos especiais de transporte revisaranse de acordo co previsto en cada concerto.

Artigo 6º.-Normas de procedemento.

1. A aplicación da revisión de tarifas dos concertos vixentes o 31 de decembro de 1994, realizarase automaticamente polo Servicio Galego de Saúde, con efectos desde o día 1 de xaneiro de 1995, agás as autorizacións de uso temporais nas que a tarifa aplicable será a que expresamente sexa aceptada pola empresa para o período da súa vixencia. Non obstante a partir da data de entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas que se autoricen serán as incluídas nesta.

2.-Para axiliza-la aplicación inmediata desta norma deberase observa-lo seguinte procedemento:

2.1 Os directores provinciais do Servicio Galego de Saúde, no prazo máximo de un mes, a partir da data de publicación desta disposición, formularán unha nota dilixencia por cada concerto vixente na súa provincia, na que se faga constar a contía do

incremento e os novos prezos resultantes por cada unha das prestacións ou servicios que a empresa teña validamente concertados, así como a data a partir da cal se adquira o dereito ó incremento. O contido desta dilixencia será comunicado por calquera medio que permita deixar constancia ó representante legal da empresa concertada, e outórgaselle un prazo máximo de vinte días para presentar escrito de conformidade, ou, se é o caso, alegacións de disconformidade.

2.2 Se transcorrido o prazo indicado non se producise ningunha comunicación por parte da empresa concertada ou se recibira escrito de conformidade dela, o director provincial remitiralle a nota dilixencia sen asinar, á Intervención Territorial Delegada para a súa preceptiva fiscalización. Unha vez intervida favorablemente, o director provincial emitirá resolución, elevando a definitiva a revisión proposta.

Esta resolución acompañada dun exemplar da nota dilixencia, remitirase á empresa concertada por calquera medio que permita deixar constancia, á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, á Intervención Territorial e á Subdirección Xeral de Presupostos e Xestión Económica da Dirección Xeral de Recursos Económicos.

2.3 Sen prexuízo dos recursos que ó respecto poidan presentarse, a dirección provincial procederá a efectua-las liquidacións de atrasos correspondentes e a tramita-las sucesivas facturacións coas novas tarifas.

2.4 Se transcorrido o prazo citado de vinte días se producise escrito de disconformidade por parte da empresa concertada, a dirección provincial elevará o expediente á Dirección Xeral de Recursos Económicos para a resolución que proceda.

Artigo 7º

Os servicios de inspección, velarán polo correcto cumprimento das obrigas das empresas concertadas e en particular das que se refiren ó tratamento adecuado dos enfermos da Seguridade Social.

Artigo 8º

As tarifas establecidas na presente orde, inclúen tódolos impostos, taxas e cargas legais que gravan ou poidan grava-los servicios obxecto de contratación por lo Servicio Galego de Saúde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Asistencia Sanitaria e ó director xeral de Recursos Económicos para adopta-las medidas necesarias en relación coa execución e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

9505049