Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 26 de setembro de 1995 Páx. 7.229

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/1250/1995, interposto por María Gloria Peleteiro Amoedo e Arlindo Garrido Ventín.

Ponse en xeral coñecemento que con esta data se lle remite ó presidente da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o expediente reclamado por aquela en relación co recurso contencioso-administrativo interposto por María Gloria Peleteiro Amoedo e Arlindo Garrido Ventín, contra silencio administrativo por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a escrito do 16-12-1994, sobre indemnización por falecemento de menor en accidente escolar, co fin de que poidan comparecer perante o devandito tribunal no prazo de nove días cantos aparezan como interesados nel, de conformidade co establecido no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, segundo a redacción dada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, sobre medidas urxentes de reforma procesual.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

6134