Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 25 de setembro de 1995 Páx. 7.216

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (434/1994).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, tramítase co nº 434/1994, expediente de dominio a pedimento de Manuel Martínez Barreiro, domiciliado nesta cidade, rúa Rocha vella de arriba nº 36, para a inmatriculación no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, do predio seguinte:

Monte toxeira sito no lugar de Rocha Vella, parroquia de Conxo, onde chaman A Camposa, cunha extensión superficial de catorce áreas e dez centiáreas, equivalentes a cincuenta e dous cuartillos e un tercio. Linda: norte e leste, con outras de Enrique Gambino González; sur, coa vía férrea a Pontevedra e Vigo; e oeste, con outra dos herdeiros de Urbano Anido».

E, por medio do presente edicto, convócaselles a tódalas persoas ignoradas que poidan sentirse perxudicadas por que se autorice a inscrición solicitada, co fin de que, dentro do termo de dez días, poidan comparecer perante este xulgado para alega-lo que ó seu dereito conveña.

Dado en Santiago de Compostela o vintesete de xullo de mil novecentos noventa e catro.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

5335