Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 25 de setembro de 1995 Páx. 7.216

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CINCO DE MADRID

EDICTO-CÉDULA de notificación 242/1995.

Nos autos número 242/1995 seguidos perante o Xulgado do Social número cinco de Madrid, por instancia de Raquel Mesa López, contra Termac, E.C.S.A e outros, sobre resolución de contrato con data do 28 de xullo de 1995 dictouse auto que ten como parte dispositiva o teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Así por este auto, digo: tense á parte actora por desestida da súa demanda e arquívese o procedemento sen máis trámite. Notifíquese a presente resolución ás partes, advertíndolles que contra esta poderase interpor recurso de reposición ante este xulgado dentro do prazo de tres días hábiles seguintes ó da súa notificación (artigo 184 L.P.L). Así o mandou e asina S. Sª, dou fe.

Maxistrado xuíz Ante mi,»

E para que sirva de notificación a Termac, E.C.S.A en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto-cédula en Madrid o vinteoito de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Angel J. Zuíl Gómez

Secretario

95-5911