Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 25 de setembro de 1995 Páx. 7.215

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (132/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela,

Dou fe: que no xuízo 132/1994 que se segue neste xulgado co número 132/1994, dictouse a sentencia, que ten como encabezado e parte dispositiva o teor literal seguinte:

«Sentencia: En Santiago de Compostela, o catorce de outubro de mil novecentos noventa e catro, Angel Patín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co nº 132/1994 no que actuou como demandante Uniter-Leasing S.A., representado polo procurador José Paz Montero e asistido polo letrado Angel Penedo Nieto, e como demandados Hortoulla S.A.T., Mercedes Salcines Palazuelos, Ramón Barrios Ares, Manuel Conde Ares e Carmen Taboada Carreira, declarados rebeldes nas actuacións,

Decido: que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens dos demandados ata facer trance e remate dos bens embargados e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade actora da cantidade de 4.227.360 ptas. de principal e xuros, xuros moratorios, custas e gastos, e calcularase sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 600.00 ptas. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación perante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Firmado e rubricado».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Hortuolla S.A.T., expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o nove de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

9505715