Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 25 de setembro de 1995 Páx. 7.215

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (263/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de separación contenciosa que se segue neste xulgado co número 263/1994, se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o sete de xuño de mil novecentos noventa e cinco. Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de separación seguido neste xulgado co número 263/1994, no que actuaron como partes Tránsito Salazar Jiménez, maior de idade e veciña de Santiago de Compostela, representada polo procurador dos tribunais Darío García Brea e asistida pola letrada María Teresa Martínez Vidal, designados ambos de oficio; como demandado Rafael Ferreruela Fernández, maior de idade e en paradoiro descoñecido, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda de separación do matrimonio formulada por Tránsito Salazar Jiménez. Non se fai imposición de custas. Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial neste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado Rafael Ferreruela Fernández, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o catorce de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

5359