Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 25 de setembro de 1995 Páx. 7.215

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (82/1995).

Por medio da presente cédula e en virtude do acordado polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada nos autos de xurisdicción voluntaria, que se seguen no dito xulgado co número 82/1995, sobre nomeamento de contador partidor dativo da herdanza do causante Joaquín García Couso, promovidos por Gumersindo Mallo García, Obdulia Mallo García, José García Dubra, José Golán García, Jesús Golán García, Pedro Golán García, Manuel García Sánchez, Arturo Javier García García, María de las Mercedes García García, Sergio García García, Manuel García García e Jesús García Rivas, cítase a José María e Estrella García Couso, ausentes en paradoiro ignorado, para que o día catro de outubro de mil novecentos noventa e cinco, ás once horas, compareza perante o dito xulgado co obxecto de proceder ó nomeamento ou designación de contador partidor, baixo apercibimento de que se non comparecen recaerá sobre eles o prexuízo a que

haxa lugar en dereito.

E para que sirva de cédula de citación estendo a presente cédula en Santiago de Compostela o seis de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

A oficial en funcións de secretaria

Rubricado

9505286