Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 25 de setembro de 1995 Páx. 7.211

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (257/1995-05).

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, baixo o número 257/1995, que se segue por instancia de Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, representada polo procurador García Piccoli Atanes, contra Construvent

Estradense, S.A., con domicilio en rúa Pitelos, número 1 de Santiago de Compostela (A Coruña), acordouse a celebración de poxa pública, na sala de audiencias deste xulgado, anunciándoa con vinte días de antelación, dos bens que logo se dirán, coas condicións seguintes:

1. Sinalouse pra que teña lugar o remate na primeira poxa o vindeiro día 31 de outubro de 1995, ás 12 horas, na sala de audiencias deste xulgado, polo tipo fixado para tal efecto na escritura de constitución da hipoteca que se reseña no cabo do presente edicto.

2. Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda o vindeiro día 24 de novembro de 1995, ás 12 horas, na sala de audiencias deste xulgado, para a que servirá de tipo o 75% da primeira.

3. Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 20 de decembro de 1995, ás 12 horas, na sala de audiencias deste xulgado, sen suxeición a tipo.

4. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

5. Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores, a execpción do acreedor-demandante, deberán consignar previamente o 20 por 100 do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que se deberá consignar na conta de consignacións e depósitos deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo de facilita-lo número de expediente ou procedemento seguinte: 1584/18/257/95, presentando o xustificante do ingreso.

6. Os títulos de propiedade dos inmobles que se poxan atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan nos autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan ser examinados polos que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastantes, sen que se poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes do crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

7. Poderanse facer ofertas en prego pechado e o remate, poderase verificar en calidade de llo ceder a un terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da Lei hipotecaria.

8. No caso de que houbese que suspender calquera das tres poxas, trasládase a celebración para a mesma hora do día seguinte hábil dentro da semana na que se houbese sinalado a poxa suspendida.

9. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, salvante a que corresponda ó mellor ofertante, a cal se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga, e, se é o caso, como parte do prezo de venda.

10. Se fose pedido polo acredor, ata o mesmo momento de celebración da poxa, tamén se poderán reservar en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubriran coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexaen aproveita-lo remate outros ofertantes, e sempre pola orde deles.

11. O sinalamento do lugar, día e hora, para o remate, notificaraselle ó debedor no enderezo fixado para tal efecto na escritura de constitución da hipoteca, e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve de notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto da poxa.

1. Número nove. Vivenda S da planta primeira. Superficie útil: cincuenta e seis metros cadrados. Linda: norte, Avda. Mestre Mateo e zona común de distribución; sur, vivenda R, patio de luces e local número sete; leste, casa número nove de Mestre Mateo; e oeste, vivenda R, zona común de distribución e patio de luces. Anexo: rocho número 4. Cota: 0,57%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 74, predio 16.437.

2. Número dez. Vivenda H da planta segunda. Superficie útil: sesenta e oito con trinta e oito metros cadrados. Linda: norte, zona común de distribución e vivenda I; sur e leste, espacio libre entre bloques; e oeste, casa número 17 de Mestre Mateo. Anexo: rocho número 19. Cota: 0,70%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 76, predio 16.438

3. Número vintecatro. Vivenda H da planta terceira. Superficie útil: sesenta e oito con trinta e oito metros cadrados. Linda: norte, zona común de distribución e vivenda I; sur e leste, espacio libre entre bloques; e oeste, casa número 17 de Mestre Mateo. Anexo: rocho número 20. Cota: 0,70%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 104, predio 16.452.

4. Número dezasete. Vivenda O da planta segunda. Superficie útil: corenta e nove con sete metros cadrados. Linda: norte, xona común de distribución e vivenda letra N; sur, vivenda letra T e zona libre entre bloques; leste, patio de luces e vivenda letra T; e oeste, vivenda letra P. Anexo: rocho número 26. Cota: 0,51%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 90, predio 16.445

5. Número trinta e un. Vivenda O da planta terceira. Superficie útil: corenta e nove con sete metros cadrados. Linda: norte, zona común de distribución e vivenda letra N; sur, vivenda letra T e zona libre entre bloques; leste, patio de luces e vivenda letra T; e oeste, vivenda letra P. Anexo: rocho número 37. Cota: 0,51%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 118, predio 16.459.

6. Número dezaoito. Vivenda P da planta segunda. Superficie útil: corenta e seis metros e once decímetros cadrados. Linda: norte, zona común de distribución; sur, zona libre entre bloques; leste, vivenda letra O; e oeste, vivenda letra Q. Anexo: rocho número 39. Cota: 0,47%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 92, predio 16.446

7. Número trinta e dous. Vivenda P da planta terceira. Superficie útil: corenta e seis metros e once decímetros cadrados. Linda: norte, zona común de distribución; sur, zona libre entre bloques; leste, vivenda letra O; e oeste, vivenda letra Q. Anexo: rocho número 40. Cota: 0,47%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 120, predio 16.460.

8. Número dezanove. Vivenda Q da planta segunda. Superficie útil: cincuenta e oito con seis metros cadrados. Linda: norte, zona común de distribución; sur, vivenda e espacio libre entre bloques; leste, vivenda letra P; e oeste, patio de luces e vivenda letra I. Anexo: rocho número 42. Cota: 0,60%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 94, predio 16.447.

9. Número vinte. Vivenda R da planta segunda. Superficie útil: sesenta e dous con cincuenta e oito metros cadrados. Linda: norte, Mestre Mateo e vivendas letras S e N; sur, patio de luces, caixa das escaleiras e zona común de distribución; leste, vivenda letra S; e oeste, vivenda letra N e patio de luces. Anexo: rocho número 10. Cota: 0,64%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 96, predio 16.448.

10. Número vinteún. Vivenda S da planta segunda. Superficie útil: cincuenta e cinco con noventa e cinco metros cadrados. Linda: norte, Mestre Mateo e zona común de distribución; sur, vivendas letras R e U e patio de luces; leste, casa número 9 de Mestre Mateo; e oeste, vivenda letra R, zona común de distribución e patio de luces. Anexo: rocho número 5. Cota: 0,57%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 98, predio 16.449.

11. Número trinta e cinco. Vivenda S da planta terceira. Superficie útil: cincuenta e cinco con noventa e cinco metros cadrados. Linda: norte, Mestre Mateo e zona común de distribución; sur, vivendas letras R e U, e patio de lues; leste, casa número 9 de Mestre

Mateo; e oeste, vivenda letra R, zona común de distribución e patio de luces. Anexo: rocho número 6. Cota: 0,57%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 126, predio 16.463.

12. Número trinta e oito. Vivenda H da planta cuarta. Superficie útil: sesenta e dous metros e cincuenta e nove decímetros cadrados. Linda: norte, zona común de distribución e vivenda letra I; sur, e leste, espacio libre entre bloques; e oeste, casa número 17 de Mestre Matero. Anexo: rocho número 21. Cota: 0,64%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 132, predio 16.466.

13. Número trinta e nove. Vivenda I da planta cuarta. Superficie útil: cincuenta metros e corenta e sete decímetros cadrados. Linda: norte, patio de luces e espacio libre entre bloques e local 40; e oeste, patio de luces e zona común de distribución. Anexo: rocho número 24. Cota: 0,52%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 134, predio 16.467.

14. Número corenta e dous. Vivenda S da planta cuarta. Superficie útil: cincuenta e cinco metros e noventa e cinco decímetros cadrados. Linda: norte, Mestre Mateo e zona común de distribución; sur, vivendas letras R e U e patio de luces; leste, casa número 9 de Mestre Mateo; e oeste, vivenda letra R, patio de luces e zona común de distribución. Anexo: rocho número 7. Cota: 0,57%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 140, predio 16.470.

15. Número corenta e catro. Vivenda H da planta quinta. Superficie útil: cincuenta e un metros e corenta e cinco decímetros cadrados. Linda: norte, vivenda letra I e zona común de distribución; sur, cuberta do edificio cara ó espacio libre entre bloques; leste, vivenda letra I e espacio libre entre bloques; e oeste, casa número 17 de Mestre Mateo. Anexo: rocho número 22. Cota: 0,53%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 144, predio 16.472.

16. Número cincuenta e un. Vivenda O da planta quinta. Superficie útil: sesenta e un metros e cincuenta e cinco decímetros cadrados. Linda: norte, zona común de distribución e vivenda letra N; sur, vivenda letra T, e cuberta do edificio cara ó espacio libre entre bloques; e oeste, vivenda letra Q. Anexo: rocho número 38. Cota: 0,63%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 158, predio 16.479.

17. Número cincuenta e catro. Vivenda S da planta quinta. Superficie útil: cincuenta e oito metros e oitenta e tres decímetros cadrados. Linda: norte, Mestre Mateo e zona común de distribución; sur, patio de luces e cuberta do edificio cara ó espacio libre entre bloques; leste: casa número 9 de Mestre Mateo; e oeste, vivendas letras R e T, zona común de distribución e patio de luces. Anexo: rocho número 8. Cota: 0,60%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 164, predio 16.482.

18. Número cincuenta e cinco. Vivenda T da planta quinta. Superficie útil: cincuenta metros cadrados. Linda: norte, zona común de distribución, patio de luces e vivenda letra O; sur, cuberta do edificio cara ó espacio libre entre bloques; leste, caixa das escaleiras, zona común de distribución, patio de luces e vivenda letra A; e oeste, vivenda letra O, devandita cuberta e o indicado espacio libre. Anexo: rocho número 15. Cota: 0,51%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 166, predio 16.483.

19. Número sesenta. Vivenda B da planta terceira. Superficie útil: cento seis metros e corenta e tres decímetros cadrados. Linda: norte, espacio libre entre bloques; sur, rúa Rosalía de Castro e patio de luces; leste, vivendas letras C e A, zona común de distribución e patio de luces; e oeste, casa número 2 de Rosalía de Castro. Anexo: rocho número 4. Cota: 0,98%.

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1134, libro 176, folio 196, predio 16.498.

Prezo da taxación.

1. Número nove. Rexistral 16.437: 27.160.500 ptas. (vintesete millóns cento sesenta mil cincocentas pesetas).

2. Número dez. Rexistral 16.438: 33.156.188 ptas. (trinta e tres millóns cento cincuenta e seis mil cento oitenta e oito pesetas).

3. Número vintecatro. Rexistral 16.452: 33.156.188 ptas. (trinta e tres millóns cento cincuenta e seis mil cento oitenta e oito pesetas).

4. Número dezasete. Rexistral 16.445: 24.128.813 ptas. (vintecatro millóns cento vinteoito mil oitocentas trece pesetas).

5. Número trinta e un. Rexistral 16.459: 24.128.813 ptas. (vintecatro millóns cento vinteoito mil oitocentas trece pesetas).

6. Número dezaoito. Rexistral 16.446: 22.383.187 ptas. (vintedous millóns trescentas oitenta e tres mil cento oitenta e sete pesetas).

7. Número trinta e dous. Rexistral 16.460: 22.383.187 ptas. (vintedous millóns trescentas oitenta e tres mil cento oitenta e sete pesetas).

8. Número dezanove. Rexistral 16.447: 28.450.125 ptas. (vinteoito millóns catrocentas cincuenta mil cento veintecinco pesetas).

9. Número vinte. Rexistral 16.448: 30.381.000 ptas. (trinta millóns trescentas oitenta e unha mil pesetas).

10. Número vinteún. Rexistral 16.449: 27.160.500 ptas. (vintesete millóns cento sesenta mil cincocentas pesetas).

11. Número trinta e cinco. Rexistral 16.463: 27.160.500 ptas. (vintesete millóns cento sesenta mil cincocentas pesetas).

12. Número trinta e oito. Rexistral 16.466: 29.237.437 ptas. (vintenove millóns duascentas trinta e sete mil catrocentas trinta e sete pesetas).

13. Número trinta e nove. Rexistral 16.470: 22.190.784 ptas. (vintedous millóns cento noventa mil setecentas oitenta e catro pesetas).

14. Número corenta e dous. Rexistral 16.467: 27.466.875 ptas. (vintesete millóns catrocentas sesneta e seis mil oitocentas setenta e cinco pesetas).

15. Número corenta e catro. Rexistral 16.472: 25.450.500 ptas. (vintecinco millóns catrocentas cincuenta mil cincocentas pesetas).

16. Número cincuenta e un. Rexistral 16.479: 29.736.187 ptas. (vintenove millóns setecentas trinta e seis mil cento oitenta e sete pesetas).

17. Número cincuenta e catro. Rexistral 16.482: 30.648.187 ptas. (trinta millóns seiscentas corenta e oito mil cento oitenta e sete pesetas).

18. Número cincuenta e cinco. Rexistral 16.483: 26.996.625 ptas. (vinteseis millóns noventas noventa e seis mil seiscentas vintecinco pesetas).

19. Número setenta. Rexistral 16.498: 41.424.750 ptas. (corenta e un millóns catrocentas vintecatro mil setecentas cincuenta pesetas).

Dado en Santiago de Compostela o catorce de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

95-5438