Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 25 de setembro de 1995 Páx. 7.211

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (162/1995-02).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo executivo 162/1995, que se segue neste xulgado por instancia de Banco Español de Crédito, S.A., representando pola procuradora Goimil Martínez, contra Ana Díaz Albo, por medio da presente cédula cítase de remate a Ana Díaz Albo, da que se descoñece o seu actual domicilio para que no termo de nove días compareza en forma en autos e se opoña á execución se lle conviñer, coa prevención de que, de non facelo no prazo indicado, será declarado en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso sen facerlle máis notificacións nin citacións cás que a lei determine.

Faise constar que se practicou embargo de bens suficientes como da súa propiedade sen previo requirimento de pagamento, por se ignora-lo seu paradoiro.

E para que lle sirva de citación de remate a Ana Díaz Albo, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o vinteún de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6172