Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 25 de setembro de 1995 Páx. 7.195

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 11 de setembro de 1995 pola que se establecen as normas para a revisión das condicións económicas aplicables á prestación de asistencia sanitaria concertada polo Servicio Galego de Saúde.

O Real decreto 1679/1990 do 28 de decembro, polo que se aproban as transferencias á Comunidade Autónoma galega das funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde, establece como unha das súas funcións a actualización dos concertos coas entidades e institucións sanitarias ou asistenciais que presten servicio á Comunidade Autónoma.

A Lei 8/1991, do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Sergas establece no seu Art. 4.d) como competencia da Consellería de Sanidade (na actualidade Consellería de Sanidade e Servicios Sociais polo Decreto 291/1993, do 11 de decembro), aproba-los módulos económicos para a prestación de servicios propios e concertados, así como a súa modificación e revisión.

En atención a isto, a contratación, no ámbito do Servicio Galego de Saúde, de servicios de asistencia, axustarase ás modalidades de prestación que se establezan e no xeito e condicións en que se determinen.

A Orde do 10 de outubro de 1994, publicada no DOG nº 209, do 28 de outubro, establecía as normas para a revisión das condicións económicas aplicables á prestación de asistencia sanitaria concertada polo Servicio Galego de Saúde, con efectos do 1 de xaneiro de 1994.

Nembargantes, tendo en conta a evolución do índice de prezos de 1994, e as previsións para 1995, resulta necesaria a actualización para este exercicio das condicións económicas dos concertos actualmente vixentes, así como as tarifas máximas establecidas para as diferentes modalidades de servicios en réxime de asistencia sanitaria concertada.

En virtude de todo isto, a proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos,

DISPOÑO:

Artigo 1º

As tarifas máximas aplicables á asistencia sanitaria concertada para 1995 e a actualización dos prezos dos concertos vixentes serán as que se especifican nos apartados seguintes:

1. Asistencia en réxime de hospitalización.

Tarifas máximas por día de hospitalización.

Actualización prezos de concertos vixentes.

A porcentaxe autorizada para a actualización de prezos dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde aplicarase sempre que non supere o importe da tarifa máxima establecida para cada grupo e nivel.

As tarifas por prestacións especiais de hospitalización dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente orde que non estean asimilados ós grupos e niveis anteriormente indicados, incrementaranse nun 3,5 por 100.

2. Asistencia ambulatoria.

2.1 Primeiras consultas, intervencións cirúrxicas menores e urxencias.

Tarifas máximas por prestación 1995.

Actualización prezos de concertos vixentes.

A porcentaxe autorizada para a actualización de prezos dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde aplicarase sempre que non supere o importe da tarifa máxima establecida para cada grupo e nivel.

2.2. Consultas sucesivas e revisións:

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á publicación da presente orde que superen as tarifas máximas fixadas para 1995 non sufrirán incremento ningún.

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á publicación da presente orde que non acaden os topes sinalados para 1995 revisaranse coa porcentaxe de aumento correspondente ó grupo e nivel do centro, sempre que non superen ás tarifas máximas de consultas sucesivas fixadas para 1995.

3. Servicios especiais de diagnóstico e tratamento en centros hospitalarios e non hospitalarios.

Actualización de prezos de concertos vixentes

Porcentaxe de aumento e tarifas máximas por día ou sesión de tratamento para 1995.

3.1 Tratamento domiciliario da síndrome de apnea do sono e insuficiencias respiratorias.

3.1.1. CPAP.

Porcentaxe de aumento: 3,5%.

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 477 ptas.

3.1.2. BIPAP espontánea (dobre presión).

Porcentaxe de aumento.

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 625 ptas.

3.1.3. BIPAP controlada (dobre presión).

Porcentaxe de aumento.

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 1.100 ptas.

3.1.4. Respirador volumétrico.

Porcentaxe de aumento.

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 2.300 ptas.

3.2. Osixenoterapia a domicilio, incluíndo aerosolterapia e ventiloterapia.

3.2.1. Osixenoterapia con concentradores.

Porcentaxe de aumento: 3,5%.

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 556 ptas.

3.2.2. Osixenoterapia con cilindro ou bala de osíxeno.

Porcentaxe de aumento: 4,0%.

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 529 ptas.

3.2.3. Osíxeno líquido.

Porcentaxe de aumento: 4,0%.

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 1.322 ptas.

O Servicio Galego de Saúde aboaralles ós doentes sometidos a tratamento de osixenoterapia domiciliaria con concentradores, en concepto de compensación económica polos gastos de electricidade, a cantidade de 2.695 ptas. por mes de tratamento. A citada cantidade poderáselle aboar directamente ó enfermo ou ben á empresa subministradora, logo da xustificación do pagamento ó enfermo, na facturación mensual presentada por aquela.

3.3. Aerosolterapia e ventiloterapia.

3.3.1. Tratamento individualizado de aerosolterapia e ventiloterapia.

Porcentaxe de aumento.

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 300 ptas.

3.4 Radioterapia e quimioterapia.

Teleterapia Nivel I.

3.4.1. Nivel I: 73.446 ptas.

NIVEL I

Estudio dosimétrico con

cálculo limitado a un punto

da cara central.

Verificación radiolóxica.

Pode utilizar un campo

directo ou dos campos directos

a dúas localizacións

diferentes ou ben dous campos

opostos a 180 graos sobre a

mesma localización, con

cálculo de dose nun plano

medio

* Leito larínxeo

* Cadeas ganglionares

* Pelve (2 campos)

* Holocraneal

* Bazo

* Radiocastración

* Paliativo de

metástase ósea

dunha soa localización

Teleterapia Nivel II.

3.4.2. Nivel II: 95.370 ptas.

NIVEL II

Dous ou máis campos por sesión ou

ben paliacións con máis de

duas localizacións simultáneas

ou máis de dous campos por sesión.

Estudio dosimétrico con

representación gráfica de

destribución de dose, nun

plano como mínimo, e

definición de dose en

volúmes tumorais e

críticos. Cálculo con curvas

de isodose. Sempre con

simulación. Sempre con

verificación* Mama (2 campos)

* Glote

* Base de lingua

* Orofarinxe e cadeas

* Pulmón

* Vexiga

* Próstata

* Esófago

* Seo maxilar

* Parótida

* Recto e leito rectal

* Pelve xinecolóxica

* Cerebro

* Paliativo de

metástase ósea de

dúas localizacións

simultáneas

Teleterapia Nivel III.

3.4.3. Nivel III: 139.500 ptas.

NIVEL III

3.4.3. Nivel III: 139.500 ptas.

NIVEL III

Estudio dosimétrico como no

nivel 2. Sempre con

verificación. Con ou sen

campos formado. Sempre

con simulación. Técnicas

pendulares e/ou rotatorias ou

máis de dous campos por sesión e

dous ou máis localizacións.

Grandes campos (irradiación

hemicorporal)

* Mama (3 campos)

* Larinxe e cadeas

* Cavum e cadeas

* Hodgkin

* Meduloblastoma

* Tumores pediátricos

* Técnicas rotatorias

e/ou pendulares

Braquiterapia Nivel I.

3.4.4. Nivel I: 60.00 ptas.

NIVEL I

Tratamentos endocavitarios

con carga diferida.

Tratamentos intersticiais con

carga directa. Tempo de

implantación e retirada do material

radiactivo inferior a 40 minutos.

Anestesia local. Verificación

radiolóxica. Cálculo dosimétrico

limitidado a un plano* Cúpulo vaxinal

* Vaxina (Endocavit.)

* Tumor pel < 3 cm

* Tumor labio < 3 cm

Braquiterapia Nivel II.

Nivel II: 100.000 ptas.

NIVEL II

Tratamentos endocavitarios

vaxinal con carga diferida.

Tratamentos intersticiais con

carga directa. Tempo de

implantación e retirada do material

radiactivo superior a 40 minutos.

Anestesia xeral. Rx ortogonal.

Estudio dosimétrico con

representación gráfica de

distribución de dose e

definición de dose en volumes

tumorais e críticos.

Cálculo de isodose.

Sempre con verificación* Cervix uterino

* Endometrio

* Uretra feminina

* Vaxina (intert.)

* Pene

* Tumor labio > 3 cm

* Tumor pel > 3 cm

Braquiterapia Nivel III.

Nivel III: 190.000 ptas.

NIVEL III

Tratamentos intersticiais con

carga directa. Manipulación

cirúrxica. Tempo de implantación

e retirada do material

radiactivo superior a 60 minutos.

Anestesia xeral. Coidados

postcirúrxicos durante o tratamento.

Rx ortogonal. Estudio dosimétrico

con representación gráfica

de distribución de dose e definición

de dose en volumes

tumorais e críticos.

Cálculo con curvas de isodose.

Sempre con verificación.* Ano

* Vulva

* Mucosa oral

Branquiterapia Nivel IV.

Nivel IV: 190.000 ptas.

NIVEL IV

Tratamentos intersticiais con

carga directa. Manipulación

cirúrxica completa. Tempo de

implantación e retirada do material

radiactivo superior a 80 minutos.

Anestesia xeral tanto na

implantación como na retirada

do material radiactivo.

Rx ortogonal. Estudio dosimétrico

con representación gráfica

de distribución de dose e definición

de dose en volumes

tumorais e críticos.

Cálculo con curvas de isodose.

Sempre con verificación

* Lingua

* Solo de boca

* Farinxe

3.4.5. Radioterapia Superficia: l1.206 ptas.

3.4.6. Quimioterapia proceso: 36.225 ptas.

Porcentaxe de aumento: 3,5%.

3.4.7. Quimioterapia ciclo: 15.525 ptas.

Porcentaxe de aumento: 3,5%.

3.5. Medicina nuclear.

3.5.1. Probas diagnósticas/estudios morfofuncionais.

Medicina nuclear grupo I.

Grupo I: 8.222 ptas.

GRUPO I

* Anxigammagrafía cerebral.

* Anxigammagrafía hepática.

* Captación tiroidea.

* Cistogammagrafía indirecta.

* Cistogammagrafía directa.

* Gammagrafía de corpo enteiro con I-131.

* Detección mucosa gástrica ectópica.

* Diagnóstico positivo de IAM.

* Ventriculografía de primeiro paso e shunts.

* Gammagrafía shunt peritoneo venoso.

* Ggrafía. dinámica glándulas salivares.

* Ventriculografía en equilibrio.

* Estudio funcional renal/renograma.

* Flebogammagrafía.

* Gammagrafía cerebral.

* Gammagrafía escrotal e testicular.

* Gammagrafía hepática.

* Gammagrafía de médula ósea.

* Gammagrafía ósea de corpo enteiro.

* Gammagrafía de paratiroides.

* Gammagrafía pulmonar perfusión.

* Gammagrafía renal.

* Gammagrafía tiroidea.

* Detección refluxo gastro-esofáxico.

* Linfogammagrafía.

* SPECT hepático.

* SPECT óseo.

* Test de Shilling.

* Estudio baleiramento gástrico.

* Renograma tras captopril.

* Renograma tras furosemida.

* Gammagrafía esplénica.

* Estudio tránsito esofáxico.

* SPECT renal.

* SPECT pulmonar.

* SPECT cerebral con gluconato.

Medicina nuclear grupo II.

Grupo II: 16.992 ptas.

GRUPO II

* Detección de hemorraxias intestinais.

* Gammagrafía de vías biliares.

* Perfusión miocárdica con talio.

* Gammagrafía meduloadrenal.

* Gammagrafía pulmonar ventilación.

* Gammagrafía de corpo enteiro con galio.

* Gammagrafía de corpo enteiro con MIBG.

* SPECT cardíaco.

* SPECT oncolóxico con galio.

* Ggrafía. pulmonar ventilación/perfusión.

* Gammagrafía pulmonar con galio.

* Gammagrafía hepática con galio.

* Gammagrafía de corpo enteiro con talio.

Medicina nuclear grupo III.

GRUPO III

* Exploracións MIBG-Y131: 32.000 ptas.

Medicina nuclear Grupo IV.

GRUPO IV

* SPECT cerebral: 55.000 ptas.

Medicina nuclear Grupo V.

GRUPO V

* Gammagrafía corticoadrenal: 85.504 ptas.

No caso das probas de cardioloxía nuclear que precisen avaliación en repouso/esforzo poderase ademais facturar como concepto engadido, a proba de esforzo por un importe de: 10.962 ptas.

3.5.2. Tratamentos con medicina nuclear.

-CA de tiroides I 131: 94.050 ptas.

-Hipertiroidismo I 131: 30.605 ptas.

-YTRIO intraarticular Y90: 35.575 ptas.

-Policitemia vera P32: 43.890 ptas.

Os concertos de asistencia sanitaria nos que figuren probas recollidas nos apartados 3.4. e 3.5. non serán obxecto de revisión de tarifas con efectos retroactivos.

3.6. Rehabilitación.

3.6.1. Por cada mes completo de tratamento en réxime de sesión diaria: 11.738 ptas.

Porcentaxe de aumento: 3,5%.

3.6.2. Por cada día ou sesión deste tratamento: 470 ptas

Porcentaxe de aumento: 3,5%.

3.7. Fisioterapia e logopedia.

3.7.1. Por cada mes completo de tratamento de fisioterapia ou logopedia en réxime de sesión diaria: 13.823 ptas.

Porcentaxe de aumento: 3,5%.

3.7.2. Por cada sesión deste tratamento: 549 ptas.

Porcentaxe de aumento: 3,5%.

3.8. Rehabilitación para paralíticos cerebrais.

3.8.1. Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación integral, incluíndo fisioterapia, logopedia, foniatría, terapia ocupacional, ortopedia e neuropediatría: 25.559 ptas.

Porcentaxe de aumento: 3,5%.

3.8.2. Por cada sesión deste tratamento: 1.022 ptas.

Porcentaxe de aumento: 3,5%.

3.9 Hemodiálise (por sesión).

3.9.1. En centros hospitalarios.

Porcentaxe de aumento: 4%.

Tarifa máxima/día ou sesión de tratamento: 18.388 ptas.

3.9.2. Nun club de diálise.

Porcentaxe de aumento: 4%.

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 17.512 ptas.

3.9.3. En centros satélites con persoal sanitario do Servicio Galego de Saúde.

Porcentaxe de aumento: 4%.

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 13.943 ptas.

3.9.4. En centro satélite con persoal sanitario da empresa concertada.

Porcentaxe de aumento: 4%.

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 16.580 ptas.

3.9.5. No domicilio do enfermo con máquina.

Porcentaxe de aumento: 4%.

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 15.410 ptas.

3.9.6. Diálise peritoneal ambulatoria continua (DPAC).

Porcentaxe de aumento: 4%.

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 5.718 ptas.

3.9.7. Diálise peritoneal domiciliaria con cicladora.

Porcentaxe de aumento: 4%.

Tarifa máxima/día ou sesión de tratamento: 10.410 ptas.

3.9.8. Diálise domiciliaria con máquina a través de club de diálise.

Porcentaxe de aumento: 4%.

Tarifa máxima/día ou sesión de tratamento: 15.410 ptas.

3.9.9. Diálise peritoneal ambulatoria a través de club de diálise.

Porcentaxe de aumento: 4%.

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 5.718 ptas.

3.9.10. Suplemento por dialización mediante concentrados de bicarbonato:

-Hemodiálise no domicilio do enfermo con máquina: 2.163 ptas.

-Resto de hemodiálise: 1.133 ptas.

Co obxecto da facturación e aboamento dos servicios de hemodiálise a domicilio e diálise peritoneal ambulatoria continua, as tarifas establecidas no apartado anterior para estas prestacións diferenciaranse, dada a súa distinta fiscalidade, nos conceptos que se recollen a continuación.

Hemodiálise a domicilio con máquina:

-Material funxible: 6.466 ptas.

-Material fixo: 8.944 ptas.

Diálise ambulatoria continua:

-Material funxible: 5.718 ptas.

Diálise a domicilio con ciclador:

-Material funxible: 8.258 ptas.

-Material fixo: 2.152 ptas.

Con independencia da tarifa fixada no apartado 3.9, punto 5, por cada sesión de hemodiálise domiciliaria con máquina aboáraselle á empresa concertada a cantidade, de pagamento único, de 260.000 ptas. en concepto de gastos pola instalación dos aparellos e exclusivamente para aqueles enfermos que utilicen por primeira vez o tratamento de hemodiálise no seu domicilio.

Polos servicios de diálise peritoneal ambulatoria, prestados no domicilio do enfermo a través dun club de diálise, o Sergas aboará, ademais da tarifa por sesión establecida no apartado 3.9, punto 9, en concepto de pagamento único pola formación e adestramento do enfermo nas operacións previas á diálise, unha vez remitido o enfermo logo da instalación do catéter polo centro de referencia, a cantidade de 46.800 ptas., que se aboarán na facturación do mes seguinte ó do inicio do tratamento.

Así mesmo na diálise domiciliaria realizada mediante un club de diálise, en concepto de seguimento clínico e controles analíticos rutineiros aboarase a cantidade de 754 ptas. por sesión.

O Sergas aboaralle ó enfermo por cada sesión de hemodiálise domiciliaria con máquina, a cantidade de 752 pesetas por sesión como compensación económica polo consumo de auga e electricidade, aboaráselle ó enfermo, no suposto da diálise peritoneal domiciliaria con cicladora, a cantidade de 2.153 pesetas mensuais por gastos de electricidade.

3.10. Exploracións mediante Tac-Scanner.

3.10.1. Por cada exploración con ou sen contraste: 15.000 ptas.

Porcentaxe de aumento:

3.11. Exploracións mediante resonancia nuclear magnética.

3.11.1. Por cada estudio simple: 40.000 ptas.

Porcentaxe de aumento:

3.11.2. Por cada estudio dobre: 60.000 ptas.

Porcentaxe de aumento:

3.11.3. Por cada estudio vascular: 60.000 ptas.

Porcentaxe de aumento:

3.11.4. Plus de anestesia: 15.000 ptas.

Porcentaxe de aumento:

3.11.5. Plus de contraste: 8.000 ptas.

Porcentaxe de aumento:

3.12. Detección de doantes de órganos e tecidos. Este proceso comprenderá tódalas probas e tratamentos precisos para a xeración de organos e tecidos.

Doante efectivo: 810.000 ptas.

4. Actualización dos prezos dos concertos vixentes.

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente orde para a realización de servicios especiais de diagnóstico e tratamento, incrementaranse, en cada caso, nas porcentaxes establecidas en cada un dos apartados anteriores sempre que non superen as tarifas máximas fixadas para 1995.

Estas actualizacións de tarifas non serán aplicables se no texto do concerto se prevé unha cláusula de revisión distinta.

Os prezos dos concertos vixentes para as distintas prestacións de medicina nuclear e dos servicios de diagnóstico e tratamento non incluídos nos apartados anteriores incrementaranse, así mesmo, nun 3,5 por 100.

A revisión con efectos retroactivos dos parágrafos anteriores non terá efecto para os concertos subscritos durante 1995.

5. Asistencia concertada por procesos médicos ou cirúrxicos.

5.1. Litotricia renal extracorpórea, tarifa máxima por proceso: 150.000 ptas.

Porcentaxe de aumento:

5.2. Outros procesos médicos ou cirúrxicos.

A Dirección Xeral de Organización Sanitaria poderá propoñe-la concertación de procesos médicos e/ou cirúrxicos distintos ós sinalados nos apartados anteriores, de xeito individualizado ós centros privados xa concertados ou non. As condicións económicas e asistenciais quedarán fixadas con carácter previo e reflectiranse nos pregos ou requisitos de contratación.

5.3. A facturación por procesos médicos e cirúrxicos será incompatible coa facturación por estancias.

Artigo 2º.-Concertos singulares.

1. A Dirección Xeral de Organización Sanitaria poderá propoñe-la subscrición de concertos singulares, en función das necesidades asistenciais, en cada caso, de forma coordinada cos restantes recursos, sexan estes propios ou concertados. Os novos concertos que se propoñan deberán incluí-la contratación individualizada de procesos médicos ou cirúrxicos segundo a funcionalidade do centro.

2. As condicións económicas dos citados concertos estableceranse con carácter previo, e poderán determinarse baixo a modalidade de unidades ponderadas de asistencia (UPAS), ou outras medidas de actividade asistencial.

3. A revisión das condicións económicas dos concertos singulares vixentes realizarase de acordo co previsto en cada un dos concertos subscritos, tendo en conta o grao de cumprimento dos obxectivos asistenciais pactados en cada caso e da actividade para 1995, na que se incluirán os procesos médicos cirúrxicos que se determinarán en función das necesidades asistenciais.

Artigo 3º

Delégase nos directores provinciais do Sergas a competencia para a sinatura dos concertos individuais que sexan precisos de:

-Monitorizacións e terapias domiciliarias relacionadas con actividade respiratoria.

-Osixenoterapia a domicilio, incluíndo aerosolterapia e ventiloterapia.

-Hemodiálise e diálise domiciliaria.

Sen prexuízo das instruccións que ó respecto dicte a Dirección Xeral de Recursos Económicos e sen que en ningún caso poidan superarse as tarifas fixadas nesta orde.

Artigo 4º.-Normas de procedemento.

1. A revisión das tarifas dos concertos vixentes a 31 de decembro de 1994 realizarase automaticamente polo Servicio Galego de Saúde, con efectos desde o 1 de xaneiro de 1995, agás as autorizacións de uso temporais nas que a tarifa aplicable será a que expresamente sexa aceptada pola empresa para o período

da súa vixencia. Non obstante, a partir da data de entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas que se autoricen serán as incluídas nesta.

Para os concertos subscritos con posterioridade ó 31 de decembro de 1994, non se revisarán as súas tarifas.

2. Para axiliza-la aplicación desta norma deberase observa-lo seguinte procedemento:

2.1. Con independencia do procedemento de revisión previsto no artigo 2º para os concertos singulares, os directores provinciais do Servicio Galego de Saúde, no prazo máximo de un mes a partir da data de publicación desta disposición, formularán unha nota dilixencia, por cada concerto vixente na súa provincia, na que se faga consta-la contía do incremento e os novos prezos resultantes por cada unha das prestacións ou servicios que a empresa teña validamente concertados, así como a data a partir da cal se adquira dereito ó incremento.

O contido desa nota dilixencia comunicarase por calquera medio que permita deixar constancia ó representante legal da empresa concertada á que se lle dá un prazo máximo de vinte días para presentar escrito de conformidade, ou, no seu caso, as alegacións que consideren oportunas.

2.2. Se, transcorrido o prazo indicado, non se producise algunha comunicación por parte da empresa concertada ou se recibise escrito de conformidade desta, o director provincial remitiralle a nota dilixencia sen asinar á Intervención Territorial Delegada para a súa preceptiva fiscalización. Unha vez intervida favorablemente, o director provincial emitirá resolución que eleve a definitiva a revisión proposta.

Esta resolución acompañada dun exemplar da nota dilixencia remitiráselle á empresa concertada por calquera medio que permita deixar constancia, á Dirección Xeral de Organización Sanitaria, á Intervención Territorial e á Subdirección Xeral de Orzamentos e Xestión Económica da Dirección Xeral de Recursos Económicos.

2.3. Se, transcorrido o prazo de vinte días se producise escrito de desconformidade por parte da empresa concertada, a dirección provincial elevará o expediente á Dirección Xeral de Recursos Económicos para a resolución que proceda.

Artigo 5º

As unidades de control de concertos das direccións provinciais, velarán polo correcto cumprimento das obrigas das empresas concertadas e, en particular, das que se refiren ó tratamento adecuado dos enfermos da Seguridade Social.

Artigo 6º

A aplicación retroactiva desta orde con efectos desde o 1 de xaneiro de 1995 á que se refire o artigo 4º. non será aplicable no caso de autorizacións temporais de uso, nas que a tarifa aplicable será a expresamente

aceptada pola empresa para o período de vixencia. Non obstante, a partir da data da entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas autorizadas que poderán ser establecidas en novas autorizacións de uso serán as incluídas nelas.

Artigo 7º.-Impostos e taxas.

Nas tarifas indicadas en todos e cada un dos apartados anteriores considéranse incluídos tódolos impostos, taxas e demais cargas legais e especificamente o imposto sobre o valor engadido (IVE), dos servicios gravados con el.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Organización Sanitaria e ó director Xeral de Recursos Económicos para adopta-las medidas necesarias en relación coa execución e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

9505505