Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 25 de setembro de 1995 Páx. 7.194

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Maseiriños, no río Navia, termo municipal de Navia de Suarna (Lugo) e se aproba o seu proxecto de execución (expediente número CH-149-LU).

Hortensio Díaz-Becerra Chaos e José Díaz Chaos, con domicilio para efectos de notificacións na rúa Illa de Man nº 6 de Lugo, solicitaron autorización administrativa e aprobación do proxecto das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica Maseiriños, situada no lugar de Maseiriños, termo municipal de Navia de Suarna (Lugo), turbinando augas derivadas do río Navia.

Resultando, que a concesión do caudal de 8.500 1/seg., derivado do río Navia, para esta minicentral, se lles outorgou ós solicitantes por resolución da Comisaría de Augas da Confederación Hidrográfica do Norte do 7 de xullo de 1993, e que o proxecto de construcción de ampliación e rehabilitación do citado aproveitamento foi aprobado polo dito organismo segundo Resolución do 27 de xaneiro de 1995.

Resultando, que as características das instalacións electromecánicas que se van realizar son as axeitadas ós fins que se pretenden, que a central hidroeléctrica de Maseiriños, segundo o seu proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial Pablo Fernández Castro e polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Fernando Planas Roca, consta dun equipo productivo,

que se aloxará nun edificio de 7,60x8,50 m, constituído polos seguintes elementos:

-Turbina Kaplan, e eixe vertical, de 319 kW de potencia, velocidade nominal 327 r.p.m; embalamento: 2,6.

-Un xerador asíncrono trifásico de: 1.000 r.p.m., potencia nominal 400 kW, tensión nominal 380 V, Cos ø=0,84 e frecuencia 50 Hz.

-Un transformación de potencia trifásico de 630 kVA, grupo de conexión DYn11, relación de transformación 380/20.000 V.

-Un guindastre elevador de ata 5 t de capacidade de elevación.

-Celas de interrupción de liña, media e seccionamento a 20 kV.

-Instalacións de medida, control, protección e manobra, con sistema de automatismo programable tipo SIMATIC.

Resultando, que a solicitude de autorización administrativa de ampliación e rehabilitación do aproveitamento da central hidroeléctrica de Maseiriños, no río Navia, coas características antes referidas, someteuse a trámite de información pública para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, aplicable a este expediente en virtude do que establece a alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, seguindo o procedemento establecido no Real decreto 916/1985 do 25 de maio, polo que se establece o procedemento abreviado de tramitación de concesións e autorizacións administrativas para a instalación, ampliación e adaptación de aproveitamentos hidroeléctricos con potencia nominal non superior a 5.000 kVA, modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo, mediante anuncio conxunto da Delegación Provincial da Consellería de Industria e

Comercio de Lugo e da Confederación Hidrográfica do Norte, publicado no BOP de Lugo do 11-3-1992, non presentándose no período establecido para iso alegación nin oposición ningunha.

Resultando, que segundo o Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG do 15-10-1991), se establece a obriga de redactar declaración de efectos ambientais, con carácter previo a ser emitida polo órgano substantivo a resolución administrativa a adoptar para a autorización da actividade. Presentado polo promotor o estudio de avaliación de efectos ambientais, en cumprimento do artigo 2.4º do citado decreto, por resolución da Comisión Galega do Medio Ambiente, do 8 de xullo de 1994, someteuse aquel a información pública; do resultado dela despréndese que non se realizaron alegacións de ningún tipo.

Resultando, que a Comisión Galega de Medio Ambiente, unha vez avaliado o citado estudio de efectos ambientais, con data do 2 de novembro de 1994, formulou a declaración de efectos ambientais do proxecto de «rehabilitación do aproveitamento hidroe

léctrico de Maseiriños», sito no concello de Navia de Suarna (Lugo), establecendo para aquel as medidas correctoras e de protección e control ambiental, así como o plan de vixilancia ambiental de condicionantes a cumprir polos solicitantes, tanto durante a construcción, como durante o período de explotación das instalacións.

Considerando, que a Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación co Decreto 2617/1966 e Real decreto 916/1985, citados anteriormente.

Considerando, que se cumpriu a tramitación regulamentaria disposta nos devanditos Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo, e que o proxecto referido está informado favorablemente polo delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo. Esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizarlles a Hostensión Díaz-Becerrea Chaos e Jose-Díaz Chaos a instalación dos equipos electromecánicos que quedan reflectidos no proxecto de «construcción de ampliación e rehabilitación de central hidroeléctrica de Maseiriños», no río Navia, dentro do concello de Navia de Suarna.

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica referida.

Queda obrigada a empresa titular das instalacións a notifica-lo comezo e remate das obras, para a súa inspección e autorización de posta en marcha, podendo a Administración autónoma deixar sen efecto a presente resolución, logo do oportuno expediente, no momento en que observe incumprimento dos regulanentos e condicionantes técnicos e de seguridade establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente do aproveitamento hidroeléctrico do río Barbantiño, coa instalación da central hidroeléctrica citada, debendo cumprir rigorosamente as medidas correctoras e de protección ambiental.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo de un mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo nº 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

95-06133