Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: de conformidade co acordado pola comisión de goberno o 10-8-1995, anúnciase o concurso con procedemento aberto das obras abranguidas no proxecto de construcción dun edificio en Samoedo para gardería municipal.

Prazo: estas obras serán entregadas provisionalmente no prazo que figura no prego de condicións.

Pagamentos: efectuaranse contra certificación de obra executada, con cargo ó crédito consignado no orzamento vixente.

Garantía definitiva: o adxudicatario virá obrigado a constituír unha garantía definitiva sobre o 4% do orzamento da obra.

Proposicións: presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

Don/Dona..., con domicilio en..., rúa..., nº..., tlf..., DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en representación de..., D.N.I. nº... e con domicilio en...., rúa..., nº...), desexo tomar parte no concurso con procedemento aberto convocado por... e publicado en... con data..., para a execución das obras abranguidas no proxecto de... e, para estes efectos, fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... ptas., que significa unha baixa de... ptas. en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obligacións se derivan dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que achega nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

En..., o ... de.. de 1995.

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Presentación de plicas: na secretaría do concello en horas de nove a trece, dentro do prazo de trece días naturais contados a partir do día da publicación do presente anuncio no BOP.

Apertura de plicas: ás doce horas do día hábil seguinte ó que termine o prazo de presentación de plicas.

Sada, 18 de agosto de 1995.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

6158