Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso do servicio de mantemento e revisión de caldeiras de calefacción en dependencias municipais e colexios públicos.

Obxecto: contratación mediante concurso aberto do mantemento e revisión para o cumprimento das normas ITIC das caldeiras de calefacción en dependencias municipais e colexios públicos do concello de Vigo.

Prazo de execución: o contrato comezará o día seguinte ó da súa notificación do acordo de adxudicación e rematará o día 30 de xuño de 1996.

Tipo de licitación: o prezo máximo para a totalidade do servicio fíxase en 5.025.000 ptas.

Fianzas: a parovisional fíxase en 100.500 ptas. e a definitiva en 201.000 ptas.

Prego de condicións: o prego de condicións estará exposto ó público, para efectos de posibles reclamacións, durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación do presente anuncio no BOP.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral do concello de Vigo, de 9 a 13 horas, dentro dos trece días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios do concurso no Diario Oficial de Galicia e BOP, acompañadas da documentación esixida no prego de condicións.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar ás doce horas do día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións na Casa Consistorial do concello de Vigo. Se este coincidise en sábado, a apertura terá lugar á mesma hora do primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación e documentación: cláusulas 8 e 11 do prego de condicións.

Modelo de proposición:

Don/Dona..., con DNI nº..., expedido en..., actuando en nome propio (ou en representación de...), coñecedor do concurso convocado polo concello de Vigo para o mantemento e revisión par ao cumprimento das normas ITIC das caldeiras de calefacción en dependencias municipais e colexios públicos, segundo anuncio publicado no BOP nº..., con data... e Diario Oficial de Galicia nº..., con data..., solicita a súa admisión no mesmo e fai cosntar:

a) Que acepta integramente o prego de condicións técnicas e administrativas.

b) Que solicita a súa admisión no concurso convocado por ese concello no boletín oficial de..., nº..., con data...

c) Achega declaración xurada, xustificante de constituí-la fianza provisional e demais documentos esixidos no prego de condicións.

d) Propón como prezos de adxudicación do concurso os seguintes:

Para as dependencias municipais (D1, D2, D3 e D4 do prego de condicións técnicas) un prezo de... ptas.

Para os colexios públicos (C1 a C31 do prego de condicións técnicas) un prezo de... ptas.

Fixa como prezo das operacións sinaladas no punto 3.B das condicións técnicas as seguintes: (relacionaranse as operacións e valoraranse, incluíndo na valoración o IVE).

Lugar, data e sinatura do licitador.

Vigo, 12 de setembro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

5767