Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 28 de xullo de 1995, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da actuación industrial Vilar do Colo; infraestructura telefónica; distribución de enerxía eléctrica e iluminación pública e enlace coa estrada N-651. De acordo co disposto no artigo 117.3º do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, sométese a información pública polo prazo de quince días desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas interesadas poidan examina-lo seu

contido nas dependencias de urbanismo da Casa do Concello e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Fene, 6 de setembro de 1995.

O alcalde

Rubricado

5679