Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 1995, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público por procedemento aberto, polo trámite ordinario, para a subministración dun aspirador ultrasónico para fragmentación e aspiración para o devandito complexo (C.P. 7/1995 P.I.).

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG

do 3 de outubro) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Subministración: aspirador ultrasónico para fragmentación e aspiración.

Orzamento: once millóns cincocentas mil pesetas (11.500.000 ptas.) IVE incluído.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite ordinario.

Prazo de execución: 30 días, contados a partir da data de notificación da adxudicación.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas, e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52 (edificio da Administración, planta baixa), de Ourense, en días hábiles das 9 ás 13 horas.

Fianza provisional: 230.000 pesetas. Deberá ser depositada previamente á licitación nalgunha das formas que establece o artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. No caso de ser constituída mediante aval, será suficiente a inclusión da póliza da entidade financeira pola que se formalice o aval.

Fianza definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 58 49 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á dirección-xerencia do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que aportarán os licitadores: os documentos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

A solvencia técnica acreditarase polos seguintes medios:

a) Por relación das principais subministracións durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre elas.

b) Descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudios e investigación da empresa.

c) Indicación dos técnicos ou das unidades técnicas, integradas ou non na empresa, participantes no contrato, especialmente daqueles encargados do control de calidade.

d) Mostras, descricións e fotografías dos productos para subministrar.

e) Certificacións establecidas polos institutos ou servicios oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade dos artigos ben identificados con referencia a certas especificicacións ou normas.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrán por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 30 de agosto de 1995.

Pedro A. Soler Bordoy

Director-xerente do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense

6159