Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1995, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de limpeza dos centros integrantes do complexo.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3-10-1994) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público para a contratación do servicio de limpeza dos centros integrantes do complexo:

1. Nome e enderezo do servicio: Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, tf. (981) 54 05 00. Fax: (981) 53 12 55.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público.

3. a) Lugar de execución do servicio: Santiago de Compostela.

b) Natureza do servicio que se pretende contratar: servicio de limpeza segundo os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.

Orzamento total: douscentos quince millóns duascentas cincuenta mil pesetas (215.250.000), IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: pode licitarse á totalidade e/ou por lotes.

4. Prazo de entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1995.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: os sinalados no punto 1.

b) Data límite poara efectuar esta solicitude: 20 de outubro de 1995.

6. a) Data límite da recepción das ofertas: 27 de outubro de 1995.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral do Hospital Médico-Cirúrxico de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela.

c) Lingua nas que deben redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura: ás dez horas no enderezo indicado no punto 1 o 7 de novembro.

8. Fianzas e garantías esixidas:

-Provisional, do 2% do orzamento de licitación de cada un dos lotes a que se presenta oferta.

-Definitiva, do 4% do importe de adxudicación.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamento mensual por mensualidades vencidas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: non se especifica.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: as esixidas nos pregos de cláusulas administrativas.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: segundo folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Outras informacións: ver prego.

15. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 29 de agosto de 1995.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución en prensa e nos boletíns oficiais corrrerá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 1995.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral

9505952