Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1995 pola que se anuncia, mediante procedemento aberto, concurso público para adxudica-la obra de instalación dun equipo elevador hidráulico na Escola de Estudios Empresariais de Vigo. (Expediente 406/1995).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso, por procedemento aberto, para a adxudicación da obra que a continuación se indica:

Obxecto: instalación dun equipo elevador hidráulico na Escola de Estudios Empresariais de Vigo (expediente 406/1995).

Orzamento de licitación: 6.534.392 ptas., IVE incluído.

Garantías: provisional, 2% do importe de licitación. Definitiva, 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: un mes (do 18 de decembro de 1995 ó 19 de xaneiro de 1996), segundo o indicado no prego de cláusulas.

Prego de cláusulas: os interesados poderán consultalos, ou solicita-lo seu envío por correo ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Univearsidade de Vigo, rúa Oporto, 1-2ª planta. C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación de ofertas: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1, planta baixa. C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a sábado.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas, comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, e rematará o vixésimo sexto día natural ás 14 horas.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, r/ Oporto, 1, Vigo (Pontevedra) ás 11 horas do segundo día hábil seguinte á data de finalización do prazo de presentación de ofertas (de cadrar en sábado terá lugar o luns seguinte).

Acreditación da capacidade de obrar e das condicións mínimas de solvencia económica, financeira e técnica polo licitador:

-Capacidade de obrar: acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas.

-Solvencia económica e financeira: poderase acreditar por un ou varios dos medios seguintes: informes de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, declaración sobre a cifra global de negocios e das subministracións. servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. Tratándose de sociedades presentación de balances ou extractos de balances se a súa publicación é obrigatoria no Estado onde estean establecidas.

-Solvencia técnica: relación das obras executadas no curso dos últimos cinco anos xuntando certificados de boa execución para as máis importantes.

Información adicional: o prazo máximo de execución da obra fíxase en dous meses. Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario.

Vigo, 15 de setembro de 1995.

(Resolución 13-3-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

5769