Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 26 de xullo de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican aumentos de base impoñible, dictados polo Servicio de Xestión Tributaria, referente ós conceptos e contribuíntes que se citan (Álvarez Álvarez Faustino e corenta e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os aumentos de base impoñible que resultan da comprobación de valores efectuada polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 46 do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e que afectan ós contribuíntes cos datos e último domicilio coñecido que se sinala.

A diferencia de valor respecto do declarado resulta de utiliza-los medios de comprobación previstos no artigo 52 da Lei xeral tributaria, sendo de aplicación, o artigo 14.7º do citado texto refundido da Lei do imposto sobre T.P. e A.X.D.

Contra a presente notificación poderá interpoñe-los seguintes recursos: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou o de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de Compostela nº 26 Vigo, ambos no prazo de 15 días contados desde o seguinte o da data de publicación deta cédula. Así mesmo, e no mesmo prazo, de non estar conformes coa valoración practicada, poderá solicita-la práctica de taxación pericial contradictoria. Se se interpón a reclamación económico-administrativa, deberá xutificalo ante esta oficina liquidadora, de non facelo así, cursarase a liquidación sobre o valor comprobado segundo o artigo 63 do Regulamento do imposto.

Vigo, 26 de xullo de 1995.

Pedro Arboli Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

5937