Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 24 de xullo de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican liquidacións relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos que se citan e que foron dictadas polo Servicio de Inspección Tributaria (Colmeiro Rojo, María Luisa e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan e que foron dictadas polo Servicio de Inspección Tributaria en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Reglamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro; os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2 ou o de reposición ante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial, praza de Compostela nº 26 Vigo, ambos no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da data de publicación desta cédula.

Vigo, 24 de xullo de 1995

Pedro Arboli Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

95-05942