Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.182

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (148/1995).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico, que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís constar a recaída nos autos de xuízo executivo número 148/1995, que ten como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o cinco de xuño de mil novecentos noventa e cinco. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo seguidos perante este xulgado co número 148/1995, promovidos por Banco Español de Crédito, S.A., representado pola procuradora Sánchez Silva e dirixido polo letrado Jesús Varela contra Javier Álvarez Vizoso, con domicilio en Barrié de la Maza, número 19-3 D, A Coruña, declarado en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Javier Álvarez Vizoso, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante das responsabilidades por que se despachou a execución, a cantidade de 1.446.645 pesetas, importe do principal; e ademais ó pagamento dos xuros de demora e as custas, e a este pagamento debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interporse neste xulgado e perante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados desde a súa notificación».

A sentencia inserida previamente foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a

subscribe, e para que conste e para que sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, expido e asino a presente cédula la presente cédula, en Santiago de Compostela o trece de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

5314