Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.183

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (144/1995).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que, no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo executivo número 144/1995, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, o dezasete de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Fco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo seguidos neste xulgado co número 144/1995, promovidos por Financiera Seat, S.A., representada polo procurador García Piccoli e dirixido polo letrado Ramón Fernández, contra José Hortas Román, veciño de Santiago de Compostela, r/ Alfredo Brañas nº 18-5º D, declarado en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a José Hortas Román, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 413.600 ptas., importe do principal; e ademais, ó pagamento dos xuros de demora e as custas e ó seu pagamento debo condenar e condeno á parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interporse neste xulgado e perante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días a contar desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia inserida previamente publicouna o mesmo día da súa data o maxistrado xuíz que a subscribe; e, para que conste e para que lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesal de rebeldía, expido e asino a presente en Santiago de Compostela o dezasete de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

5713