Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.182

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (460/1993).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico: que, no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo executivo número 460/1993, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, o trece de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Fco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo seguidos neste xulgado co número 460/1993, promovidos polo Banco Pastor, S.A., con domicilio social na Coruña, r/ Cantón Pequeno nº 1, representado polo procurador Regueiro Muñoz e dirixido polo letrado García Fernández, contra María del Rosario Carballo Gago, con domicilio na r/ Touro, nº 12-1º de Santiago de Compostela; Alberto Carballo Gago e Francisca Louzao Sánchez, con domicilio na Estrada de Castela nº 546-548, 2ºD, de Ferrol, declarados en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer transo e remate dos bens embargados a María del Rosario Carballo Gago, Alberto Carballo Gago e Francisca Louzao Sánchez, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento

á parte demandante, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 1.302.384 ptas., importe do principal; e ademais, o pagamento dos xuros de demora e as custas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interporse neste xulgado e perante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días a contar desde a súa notificación».

A sentencia inserida previamente publicouna no mesmo día da súa data o maxistrado-xuíz que a subscribe; e, para que conste e lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesal de rebeldía, María del Rosario Carballo Gago, expido e asino a presente en Santiago de Compostela, o trece de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

9505255