Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.181

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (174/1994).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que nos autos de xuízo executivo que co número 174/1994 se seguen neste xulgado, dictouse con data vintenove de abril de mil novecentos noventa e cinco, sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado co número 174 de 1994, entre partes, de unha, como demandante, Banco Central Hispanoamericano S.A., domiciliado en Madrid, representado en autos polo procurador García Piccoli, asistido do letrado Rodríguez-Gigirey Pérez e doutra, como demandados, Mónica Pena Paz, maior de idade e veciña desta cidade e Juan José González Montero, maior de idade e veciño de Pontevedra, actualmente en paradoiro descoñecido, incomparecidos e en situación procesal de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante na execución despachada neste proceso contra Juan José González Montero e Mónica Pena Paz, facendo

remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante Banco Central Hispanoamericano S.A., da suma principal de 147.249 ptas., gastos, xuros pactados e legais e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se lle impoñen á parte debedora, a quen lle será notificada esta resolución na forma que dispón a lei para os rebeldes; e fágolles saber ás partes que esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificación ó preito principal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Juan José González Montero e Mónica Pena Paz, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o dezasete de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

5313