Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.181

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (566/1992).

En virtude do acordado en autos de xuízo executivo seguidos neste xulgado co nº 566/1992, por medio do presente edicto notifícase a sentencia dictada neles, cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

«Santiago de Compostela, vintenove de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado co nº 566/1992, entre partes, dunha, como demandante, Banco Central Hispanoamericano, domiciliado en Madrid, representado en autos pola procuradora Fernández Rial, asistido do letrado Jiménez de Llano

y Zato e doutra, como demandada, Ana María Fernández March, veciña que foi de Vigo, actualmente en paradoiro descoñecido, incomparecida e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execucicón despachada neste proceso contra Ana María Fernández March, facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante Banco Central Hispanoamericano, da suma principal de 1.962.602 ptas., gastos, xuros pactados e legais, e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se lle impoñen á parte debedora, á que lle será notificada esta resolución na forma e modo en que dispón a lei para os rebeldes; e fágolles saber ás partes que esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificación ó pleito principal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que lle sirva de notificación á demandada Ana María Fernández March, declarada en rebeldía e actualmente en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela, o 10 de maio de 1995.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9505311