Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.180

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO de poxa (130/1995).

María Inmaculada Rodríguez Mahía, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes e o seu partido,

Fago saber, que nos autos do Or. Suma. Hip. 131 L. Hip., que se seguen neste xulgado co número 130/1995, por instancia de Banco Pastor S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Carmen González Parcero, sobre reclamación de crédito hipotecario en contía de oito millóns de pesetas (8.000.000 de ptas.), de principal, un millón duascentas mil pesetas (1.200.000 ptas.) de xuros de un ano, dous millóns seiscentas vintedúas mil (2.622.000 ptas.) de xuros moratorios de dous anos,

e un millón cento oitenta e dúas mil duascentas (1.182.200 ptas.) en garantía de gastos extraxudiciais e comisións, acordouse sacar a poxa pública, por termo de vinte días, os predios dos cales o prezo taxado polos interesados é o da escritura de constitución da hipoteca, e que se describen ó final, e dos que o remate terá lugar na data e coas condicións seguintes:

Sinalamentos das poxas:

Primeira poxa: que se celebrará o 6 de novembro de 1995, ás doce horas.

Segunda poxa: que se celebrará o 20 de decembro de 1995, ás doce horas.

Primeira poxa: que se celebrará o 31 de xaneiro de 1996, ás doce horas.

Condicións das poxas:

Primeira.-Os autos e a certificación do rexistro da propiedade están de manifesto na secretaría do xulgado.

Segunda.-Desde o anuncio ata a celebración da poxa, poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, acompañando o xustificante de ter ingresado na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, a consignación que logo se dirá; ofertas que se conservarán en poder do secretario do xulgado,abríndose no momento do remate.

Terceira.-Para tomar parte na primeira poxa deberán os interesados ingresar previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado número 15690018013893 de Banco Bilbao Vizcaya, S.A., unha cantidade igual polo menos, ó vinte por cento da taxación dos predios.

Cuarta.-As ofertas poderanse facer en calidade de cede-lo remate a un terceiro.

Quinta.-Para o caso de que non haxa oferta admisible na primeira poxa, convócase una segunda coa rebaixa do 25% da taxación, baixo as mesmas condicións que xa se dixeron, e establecéndose a consignación a que se refire o apartado anterior, no 20% da cantidade rebaixada.

Sexta.-A terceira poxa, se é o caso, convócase sen suxeición a tipo, nas mesmas condicións que as anteriores, debendo consigna-los interesados para poder participar nela unha cantidade igual a que se sinalaba para a segunda poxa.

Sétima.-A parte demandante está exenta da consignación establecida como requisito para poder participar nas poxas.

Oitava.-Enténdese que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, do crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

Predios que se poxan e o seu tipo:

Predio A: número 474, do plano xeral da concentración parcelaria da zona de labradío da parroquia de San Vicente de Niveiro, Val do Dubra, terreo dedicado a labradío, no sitio de Insuas, de 53 áreas e 60 centiáreas. Indivisible. Linda: norte, río da Torre e camiño da concentración; sur, camiño da concentración e Alberto González González; leste, Carmen González Parcero,; e oeste, Alberto González González, María Rodríguez Fernández e Josefa Rodríguez Fernández.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Ordes, folio 85, tomo 289, libro 44, predio 6947. Tipo de taxación para os efectos da poxa: un millón setecentas setenta e tres mil trescentas pesetas (1.773.300 ptas.).

Predio B: número 522, do plan xeral da concentración parcelaria da parroquia de San Vicente de Niveiro, Val do Dubra, terreo dedicado a labradío, no sitio de Picho, de 18 áreas e 17 centiáreas. Indivisible. Linnda: norte, José Parcero Pulleiro; sur, camiño da concentración; leste, camiño da concentración; e oeste, Manuel Fraga Grille. Encravadas neste predio existen as edificacións que aparecen no plano da concentración parcelaria, da sinalada zona de labradío. Inscrición: Rexistro da Propiedade de Ordes, folio 35, tomo 239, libro 44, predio 6897. Tipo de taxación para os efectos da poxa: doce millóns catrocentas trece mil cen pesetas (12.413.100 ptas.).

E para que conste, e sirva de anuncio para o taboleiro de anuncios deste xulgado, para os diarios oficiais nos que se acordou a súa inserción, así como de notificación á debedora, no caso de que esta non se achase no predio, expido, selo e asino o presente edicto, en Ordes o cinco de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Inmaculada Rodríguez Mahía

Secretaria

5714