Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.180

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (290/1993).

Inmaculada Rodríguez Mahía, secretaria do Xulgado de Primeia Instancia e Instrucción de Ordes e o seu partigo, fago constar que no xuízo de menor contía número 290/1993, díctase a sentencia, da cal o encabezamento e dispositiva son do seguinte teor literal:

Sentencia. «En Ordes, o dezasete de xullo de mil novecentos noventa e cinco. Vistos Cristina María Paz Eiroa, xuíza de Primeira Instancia deste partido, os autos de xuízo ordinario declarativo de menor contía seguidos neste xulgado co número 290 do ano 1993, a pedimento de José Antonio Noya López, Encarnación Tarrío Castiñeiras, María Luz Noya Tarrío, Alicia Noya Tarrío, Eva e Darío Antón Noya Tarrío, representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz e asistidos polo avogado Santiago Nogueira Romero, contra José Perfecto Casal Mosquera, representado pola procuradora Ana González Cancado, e defendido polo avogado Alejandro Concheiro Nine, Manuela Mosquera, en rebeldía, e os posibles, descoñecidos e incertos herdeiros de Manuel Casal Rodríguez e Manuel Casal Balsa, en rebeldía, sobre reivindición de dominio.

Decido que, rexeito a demanda presentada por José Antonio Noya López, Encarnación Tarrío Castiñeiras, María Luz Noya Tarrío, Alicia Noya Tarrío, Eva Noya Tarrío e Darío Antón Noya Tarrío contra José Perfecto Casal mosquera, Manuela Mosquera e os herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Casal Rodríguez e Manuel Casal Balsa; con imposición á demandante das custas relativas á súa pretensión.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que poderán interpoñer recurso de apelación contra dela ante a Audiencia Provincial da Coruña nos cinco días seguintes ó da notificación.

Así o pronuncio, mando e asino.»

E para que lles siva de notificación ós demandados en situación de rebeldía Manuela Mosquera e os herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Casal Rodríguez e Manuel Casal Balsa, expido e asino o presente edicto en Ordes o catro de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

6161