Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.179

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (108/1995).

En virtude do acordado pola secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, en resolución con data 12 de xullo de 1995, dictada en autos de xuízo executivo número 108/1995, a pedimento de Banco Zaragozano, contra Jesús Couselo Raña, en reclamación de 585.800 ptas. de principal, maila de 400.000 ptas. que se calculan para xuros e custas, nos que se realizou embargo con data 9 de xuño de 1995, sobre os bens seguintes:

Rústica. Leira no sitio de Cortiña destinada a labradío sequeiro, sinalada co número 210 da zona de concentración parcelaria de Santa María de Parada, sita no concello de Ordes. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 195, libro 49, folio 204, leira 4964.

Urbana. Nave industrial, composta de planta baixa de 762 metros cadrados, planta alta de 260 metros cadrados e unha planta baixo cuberta de 218 metros cadrados, no sitio de Agro de Xulián, sita no lugar de Fonte Estrei, parroquia e concello de Ordes. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 576, libro 143, folio 133, predio 20241.

Rústica. No sitio de Baladiña, destinada a labradío, hoxe soar, sita no lugar de Fonte Estrei, na parroquia e concello de Ordes. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 522, libro 130, folio 209, leira 19669.

Urbana. Local no semisoto B, sen dividir, destinado a fins comerciais industriais, con acceso directo desde a rúa que vai ó matadoiro, dun edificio sito na rúa Alfonso Senra, da vila de Ordes. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 353, libro 78, folio 178, predio 10149.

Urbana. Casa de planta baixa, sita na parroquia e concello de Ordes. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 429, libro 101, folio 32, predio 13521.

Nos ditos autos acordouse notificarlle á herdanza xacente e herdeiros decoñecidos e incertos de Isolina González Fuentes, a existencia deste procedemento, así como dos embargos realizados no seo deste, conforme establece o artigo 1373 do Código Civil e 144 do Regulamento hipotecario.

E, para que lles sirva de notificación ós citados herdeiros descoñecidos e herdanza xacente de Isolina González Fuentes, da existencia do procedemento e embargos efectuados, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Ordes, o trece de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

6160