Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.179

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 12 de setembro de 1995 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan (A Pobra de Trives-Ourense e doce máis).

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso convocado pola resolución, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, do 20 de xuño de 1995 (BOE de 5 de xullo), e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial.

Visto tamén o que dispón o artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, e o decreto da Xunta de Galicia 13/1994, do 20 de xaneiro, e demais disposicións autonómicas pertinentes, esta consellería, para prove-las notarías vacantes radicadas no territorio desta Comunidade Autónoma, ten a ben nomear a:

-Marcelino Estévez Fernández, notario, oposición Madrid 1993, para a notaría da Pobra de Trives (Ourense).

-José Manuel Rodríguez Casal, notario de Porto do Son, 3ª, para a notaría de Cedeira (A Coruña).

-José Antonio Caneda Goyanes, notario de Quiroga, 3ª, para a notaría de Foz (Lugo).

-Manuel Landeiro Aller, notario de Corcubión, 3ª, para a notaría da Ramallosa-Nigrán (Pontevedra).

-Carmen Susana Mora Ferreiro, notaria, oposición Madrid 1993, para a notaría da Fonsagrada (Lugo).

-Antonio Chaves Rivas, notario, oposición Madrid 1993, para a notaría da Cañiza (Pontevedra).

-Álvaro Moure Goyanes, notario de Ourense, 1ª, para a notaría de Vigo (Pontevedra).

-José Manuel García-Lozano Zulueta, notario de Montcada i Reixac, 2ª, para a notaría de Ourense.

-Javier Pichel Pichel, notario, oposición Madrid 1993, para a notaría de Cuntis (Pontevedra).

-Ana Teresa Canoa Pérez, notaria de Gaucín, 3ª, para a notaría de Ponte-Caldelas (Pontevedra).

-José Mª Jesús Graiño Ordóñez, notario de Muros, 3ª, para a notaría de Santa Comba (A Coruña).

-María Alicia Soto Torres, notaria oposición Madrid 1993, para a notaría de Viana do Bolo (Ourense).

-Isidoro Antonio Calvo Vidal, notario, oposición Madrid 1993, para a notaría de Pontedeume (A Coruña).

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1995.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

5312