Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.175

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1995 pola que se convoca o Curso Superior de Especialización de Dereito Civil de Galicia.

Dentro das actividades da Universidade de Santiago de Compostela para o curso académico 1995-1996, figura a realización dun curso de especialiación nomeado Curso Superior de Dereito Civil de Galicia, en colaboración coa Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, baixo a dirección de Domingo Bello Janeiro, vicedecano da Facultade de Dereito.

1. Obxecto.

Os obxectivos do dito curso son expoñer e debate-las innovacións que representan as leis do recurso de casación e do dereito civil de Galicia, dictadas ó abeiro das competencias asumidas no Estatuto de autonomía en desenvolvemento do artigo 149/1-8 da Constitución española coa pretensión de regular institucións válidas para os intereses e necesidades do pobo galego de acordo con costumes seculares.

Ámbalas leis van ter unha forte incidencia no mundo xurídico-privado da nosa Comunidade Autónoma, coa correspondente repercusión na Administración de xustiza e nos profesionais do dereito, o que aconsella dar a coñecelas nos eidos sinalados, ó mesmo tempo que, a través dos medios de comunicación, se lles faga chegar ós cidadáns a súa existencia e importancia.

2. Destinatarios.

Xuíces, maxistrados, secretarios xudiciais, notarios, rexistradores da propiedade, e outros profesionais do dereito que posúan o título de licenciado.

3. Desenvolvemento e duración.

O curso inaugurarase o día 24 de outubro de 1995, desenvolvéndose a partir de entón no salón de actos da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela os luns e mércores laborables a partir das 19.30 horas ata o día 29 de novembro, cun total de 40 horas lectivas.

4. Inscrición.

Prazo: remata o día 20 de outubro de 1995.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da universidade ou no negociado da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela (Campus Universitario, 15706 Santiago de Compostela). Teléfono (981) 56 31 00, extensión 4632. Telefax (981) 59 15 54.

Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó remate destas bases,

acompañadas da xustificación do aboamento dos dereitos de mátricula (25.000 pesetas), mediante ingreso ou transferencia na conta corrente da Caixa Galicia da Universidade de Santiago de Compostela número 2091-0300-3110000482, facendo referencia ó concepto polo que se produce ó pagamento.

En caso de non obter praza, procederase, de oficio, á devolución do importe aboado.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo certificado ou por telefax ó número consignado, supeditadas, en calquera caso, ó pagamento completo dos dereitos de inscrición.

As prazas serán limitadas ata un máximo de 250, pechándose a súa recepción por rigorosa orde de chegada.

A partir do 23 de outubro, os peticionarios poderán obte-la confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono en días laborables, de 12 a 14.45, ó seguinte número: (981) 56 31 00 (Ext. 4632), ou

ben consultando a lista de admitidos que se expoñerá no taboleiro de anuncios do rectorado e da Facultade de Dereito 24 horas despois do remate do prazo de presentación das solicitudes.

5. Diploma de asistencia.

Entregaraselles ós participantes no curso, cunha asistencia igual ou superior ó 80 por cento das unidades docentes impartidas, diploma acreditativo da Universidade de Santiago de Compostela sempre que demostren aproveitamento.

6. Información.

Poden dirixirse ó negociado da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, chamando de luns a venres, en días laborables, de 12 a 14.45 horas, ó teléfono (981) 56 31 00 (Ext. 4632).

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1995.

Darío F. Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

95-05644