Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Xoves, 21 de setembro de 1995 Páx. 7.125

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de setembro de 1995 pola que se regula a avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa a formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, atribúelle, no seu artigo 4.2º, ó Goberno do Estado a fixación dos elementos básicos do currículo das distintas ensinanzas, co fin de garantir unha formación común para tódolos alumnos e alumnas e para dar validez ós títulos correspondentes en todo o territorio español.

Polo que se refire ós estudios de formación profesional específica, o Real decreto 676/1993, do 7 de maio, estableceu os aspectos básicos do currículo que constituirán as ensinanzas mínimas da formación profesional específica de grao medio e superior, para cada título profesional no correspondente real decreto que as promulga.

En virtude do Real decreto 1763/1982, que regula o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, correspóndelle á Administración educativa galega completalos currículos dos correspondentes ciclos formativos e, polo tanto, os obxectivos e criterios que se terán en conta no proceso de avaliación dos ciclos formativos, no seu ámbito competencial. A este respecto, o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, establece a ordenación xeral dos estudios de formación profesional específica en Galicia e as directrices sobre os seus títulos.

Pola súa parte, a Orde do 30 de outubro de 1992, modificada pola Orde do 2 de abril de 1993, estableceu os elementos básicos dos informes de avaliación das ensinanzas de réxime xeral reguladas pola Lei orgánica 1/1990, así como os requisitos formais derivados do proceso de avaliación que son precisos para garanti-la mobilidade do alumnado, que se complementa coa Orde do 21 de xullo de 1994 (BOE do 26 de xullo de 1994).

Procede agora que no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e no exercicio das súas atribucións, se dicten as disposicións oportunas que complementen a normativa básica reseñada anteriormente, para regular aqueles aspectos relativos a tales materias que son competencia exclusiva da Comunidade Autónoma (artigo 31 do Estatuto de autonomía para Galicia).

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, facendo uso das competencias que lle confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPÓN:

Artigo 1º

A presente orde ten por obxecto regula-la avaliación e acreditación académica do alumnado de formación profesional específica; sendo de aplicación nos centros públicos e privados homologados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que estean autorizados para impartir ciclos formativos de grao medio ou superior.

Artigo 2º

1. Denomínanse sesións de avaliación as reunións de carácter colexiado que celebren os profesores/as do centro para contrasta-las súas informacións académicas dos alumnos/as dun mesmo grupo e para valora-lo progreso destes, para a obtención dos obxectivos educativos correspondentes.

2. A avaliación realizarase por módulos profesionais e polo profesorado que imparte módulos a un mesmo grupo de alumnos/as, seguindo as directrices especificadas no currículo correspondente ó ciclo formativo e no proxecto curricular do centro.

3. As cualificacións do alumnado expresaranse en cifras de 1 a 10, sen decimais, para cada módulo profesional, agás o de formación en centros de traballo, que se cualificará en termos de apto ou non apto.

Considéranse positivas as cualificacións iguais ou superiores a cinco puntos, e negativas as restantes.

4. Para a superación dun ciclo formativo será necesario ter cualificación final positiva en todos e cada un dos módulos que o compoñen, incluído o de formación en centros de traballo.

Neste caso, a cualificación do ciclo obterase como media aritmética das cualificacións de tódolos módulos, agás o de formación en centros de traballo, e expresarase numericamente cunha única cifra decimal.

Artigo 3º

1. A avaliación das ensinanzas de ciclos formativos de grao medio e superior realizarase tendo en conta a competencia xeral e as capacidades profesionais características do título, que constitúen a referencia para defini-los obxectivos xerais do ciclo formativo e os obxectivos, expresados en termos de capacidades terminais, dos módulos profesionais que o conforman; estes referentes para a avaliación serán establecidos no correspondente currículo. Ó mesmo tempo, avaliarase a madurez do alumnado e o grao de consecución das finalidades previstas para a formación profesional específica no artigo 2 do Decreto 239/1995.

2. Así mesmo, dado que os centros docentes deben completar e desenvolve-lo currículo, conforme o disposto no artigo 12 do Decreto 239/1995, do 28 de xullo, tamén se terán en conta no proceso de avaliación destas ensinanzas os obxectivos, capacidades e criterios de avaliación que para cada ciclo se concretasen no proxecto curricular do centro. Neste proxecto deberán especificarse as actuacións, estratexias e instru

mentos de avaliación máis axeitados para valora-los logros acadados.

3. Os criterios de avaliación fixados para cada capacidade terminal establecen o nivel aceptable de consecución desa capacidade e, polo tanto, os resultados mínimos que deben ser acadados no proceso de ensino-aprendizaxe. En consecuencia, constitúen o referente inmediato para o seu proceso de avaliación.

Artigo 4º

Cada grupo de alumnos/as contará cun profesor titor que será, preferentemente, membro do equipo docente ó longo de todo o ciclo, e desenvolverá, en relación coa avaliación, as seguintes funcións:

a) Coordinar, orientar e asesora-la avaliación, os procesos de ensino-aprendizaxe, así como a orientación profesional do alumnado en relación á súa evolución escolar, métodos de traballo, técnicas de estudio e de busca de emprego, saídas académicas e profesionais, posibles validacións, sempre co apoio do profesorado do módulo de formación e orientación laboral e, se é o caso, do departamento de orientación do centro.

b) Convocar e presidi-las correspondentes sesións de avaliación do seu grupo.

c) Informar do proceso educativo dos alumnos e alumnas, tanto a eles mesmos como ós seus pais ou titores legais, a través do procedemento que o centro determine.

d) Realiza-lo seguimento educativo do módulo de formación en centros de traballo, coa colaboración do resto do equipo docente do ciclo.

e) Realiza-la avaliación do módulo de formación en centros de traballo, coa colaboración do responsable designado para tal efecto pola empresa. A colaboración do titor de empresa consistirá nun informe que valore a actividade realizada e o grao de consecución das capacidades atribuídas ó dito módulo. Se a formación en centros de traballo se desenvolve en varios centros ou empresas solicitarase un informe de cada unha delas.

f) Emitir informe sobre as peticións de validación ou exención formuladas polos alumnos/as do ciclo.

Artigo 5º

O desenvolvemento do proceso de avaliación da formación profesional específica implicará catro posibles tipos de actuacións, en función dos períodos que se especifiquen no proxecto curricular do centro:

a) Avaliación de cada módulo profesional, segundo a normativa establecida con carácter xeral para a avaliación continua.

b) Avaliación previa á realización do período de formación en centros de traballo.

c) Avaliación final dos distintos módulos profesionais realizados no centro educativo segundo os períodos establecidos no proxecto curricular do centro.

d) Avaliación final do ciclo formativo.

Artigo 6º

1. A avaliación terá que ser continua e realizarase ó longo de todo o proceso de aprendizaxe para cada módulo profesional. O referido proceso facilitará a avaliación final como resumo dos resultados acadados polo alumno/a nos distintos módulos que compoñen o ciclo formativo.

2. Realizarase, polo menos, unha sesión de avaliación e cualificación cada trimestre lectivo, segundo a programación do proxecto curricular do centro.

3. A aplicación do proceso de avaliación continua require a asistencia regular do alumnado ás clases e demais actividades programadas para os distintos módulos profesionais do ciclo formativo.

Artigo 7º

1. O período de formación en centros de traballo realizarase preferentemente con posterioridade ós demais módulos profesionais. Non obstante, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá, por causas debidamente xustificadas, autoriza-la realización do citado período simultaneamente coa formación no centro educativo.

2. Con anterioridade ó comezo do período de formación en centros de traballo, terá lugar a sesión de avaliación, que se cita no artigo 5º, apartado b), na que se decidirá sobre o acceso dos alumnos/as a aquel e formularase a cualificación final dos módulos xa rematados.

3. Para poder acceder ó período de formación en centros de traballo será preciso, con carácter xeral, ter aprobados tódolos restantes módulos profesionais. No caso de non teren rematado tódolos módulos, por tratarse de ciclos ligados a actividades sometidas a ciclos biolóxicos (cultivos mariños, producción agrícola-forestal), ou de oportunidade singular (construcción de características especiais) ou por outras debidamente xustificadas, será preciso ter superados tódolos módulos rematados ata o momento de inicia-la formación en centros de traballo.

O equipo docente poderá autoriza-lo acceso a este período a aqueles alumnos/as que teñan un único módulo avaliado negativamente, sempre que se considere que o alumno/a ten fundadas posibilidades de superalo mediante as actividades de recuperación que se establezan.

O equipo docente dos ciclos, poderá denega-lo acceso ó módulo profesional de formación en centros de traballo a aquel alumnado que teña manifesto baixo rendemento ou amose insuficiente madurez. Da mesma forma, poderá revoga-la autorización concedida ós alumnos/as para realiza-la súa formación en centros de traballo cando manifesten durante o seu desenvolvemento un baixo rendemento contrastado ou que fosen sancionados en expediente disciplinario.

4. Na sesión de avaliación especificada no apartado 2 deste artigo o equipo docente do ciclo fixará, para cada un dos alumnos/as que non accedan á formación

en centros de traballo, as condicións e actividades de recuperación que lle permitan acceder despois a unha avaliación e cualificación extraordinaria dos módulos ou requisitos pendentes. O alumno/a deberá ser informado das actividades de recuperación e do seu período de realización. A data da avaliación extraordinaria coincidirá coa avaliación final do ciclo formativo.

Os alumnos/as que non acepten realiza-las actividades de recuperación deberán repetir tódalas actividades programadas para os módulos pendentes de superación coa limitación establecida no artigo 22 do Decreto 239/1995.

Artigo 8º

1. No caso de que comece o período de formación en centros de traballo antes de rematar tódolos restantes módulos, realizarase a sesión final de avaliación establecida no artigo 5, apartado c) no momento en que rematen estes.

2. Nesa sesión final de avaliación, o equipo docente poderá decidir que os alumnos/as, con módulos avaliados negativamente, interrompan a realización do período de formación en centros de traballo, co fin de poder atende-las actividades de recuperación que lle sexan marcadas.

Artigo 9º

Unha vez rematado o período de formación en centros de traballo, no prazo máximo de un mes, faranse as avaliacións extraordinarias que foran necesarias para proceder á avaliación final do ciclo formativo, para tódolos compoñentes do grupo que cumprisen os requisitos establecidos, segundo o artigo 5º, apartado d).

Artigo 10º

1. Cando o progreso dun alumno/a non responda globalmente ós obxectivos programados, o equipo docente adoptará as oportunas medidas de reforzo educativo ou adaptación curricular, dentro dos límites previstos no artigo 14 do Decreto 239/1995.

2. Neste caso, a valoración do rendemento do alumno/a realizarase tomando como referencia inmediata os criterios de avaliación establecidos de forma individualizada para iso.

Artigo 11º

Cando nun ciclo formativo existan módulos que se consideren requisito básico para poder cursar con aproveitamento outros módulos do ciclo, estes programaranse con antelación a aqueles para os que son formación de base, e deben ser superados previamente.

Artigo 12º

1. A cualificación positiva en tódolos módulos profesionais de que consta un ciclo formativo de grao medio ou superior dará dereito á obtención do título de técnico ou técnico superior respectivamente. A proposta de expedición farase constar na acta de avaliación final do ciclo formativo.

2. O alumno/a que obteña cualificación positiva nun ou máis módulos dun ciclo terá dereito a que se lle expida a correspondente acreditación.

3. Contra as cualificacións os alumnos/as poderán reclamar segundo o procedemento establecido na normativa vixente.

Artigo 13º

1. Considéranse documentos do proceso de avaliación de formación profesional específica o expediente académico, as actas de avaliación, os informes de avaliación individualizados e o libro de cualificacións. Destes documentos, teñen a condición de básicos e garanten a mobilidade académica dos alumnos e alumnas: o libro de cualificacións e os informes de avaliación individualizados.

2. O expediente académico dos alumnos/as que accedan a un ciclo formativo deberá ser cuberto polo instituto de educación secundaria no que se matricule por primeira vez. O expediente académico, que será único para cada ciclo formativo, axustarase ó modelo que figura no anexo I da presente orde. A custodia e arquivo dos expedientes correspóndelle ó secretario/a e no seu defecto, ó administrador/a do centro. Os expedientes conservaranse no instituto, mentres este exista; as delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria artellarán as medidas axeitadas para a súa conservación ou traslado, no caso de supresión deste.

Cando un alumno ou alumna se traslade a outro centro sen ter concluído o ciclo formativo, o centro de orixe remitirá ó de destino, por petición deste, o seu expediente académico.

3. A acta de avaliación axustarase no seu deseño ó modelo que figura no anexo II. A dita acta será única para tódalas convocatorias, ordinarias e extraordinarias, de avaliación e cualificación. A partir dos resultados consignados nas actas elaborarase un informe dos resultados da avaliación final dos alumnos. Os centros privados remitirán un exemplar das actas ó instituto ó que estean adscritos e o seu correspondente informe dos resultados finais.

Das actas de avaliación final do ciclo formativo enviarase copia ó Servicio de Inspección no prazo de 15 días a partir da data de celebración da correspondente sesión.

4. O libro de cualificacións de formación profesional constitúe o documento oficial básico que reflicte os estudios cursados e as cualificacións obtidas polo alumno. Ten por tanto, valor acreditativo dos estudios realizados. Recollerá, se é o caso, a información referida ós cambios de centro, así como a renuncia á matrícula e á solicitude, por parte do alumno ou alumna, da expedición do título correspondente, unha vez superados tódolos módulos profesionais do ciclo formativo cursado.

No caso de interrupción dos estudios, o alumno/a poderá tamén solicita-lo seu libro de cualificacións.

5. Correspóndelle ó secretario/a, ou no seu defecto, ó administrador/a do centro, cubrir e custodia-los

libros de cualificacións de formación profesional. Unha vez superados os correspondentes estudios, entregaráselle ó alumno/a, facéndose constar esta entrega no propio libro mediante a correspondente dilixencia.

No centro haberá un libro paxinado para facer consta-las saídas e entradas dos libros de cualificacións. As saídas serán asinadas polo secretario/a do centro, ou persoa autorizada, e o titular do libro ou representante en quen delegue.

Artigo 14º

1. Cando un alumno ou alumna se traslade a outro centro sen ter concluído o ciclo formativo, o centro de orixe remitiralle ó de destino, a petición de este, ademais do expediente académico, o informe individualizado ó que se refire o artigo 18 da Orde do 30 de outubro de 1992, e se é o caso, o libro de cualificacións.

O informe individualizado incluirá as cualificacións outorgadas ata ese momento ó alumno/a, medidas de reforzo educativo ou de adaptación curricular tomadas, validacións ou exención concedidas, e cantos outros aspectos de índole educativa se consideren relevantes.

2. No caso de traslado dun alumno ou alumna desde un centro do ámbito de competencia dunha Administración educativa a outro centro do ámbito de competencia dela, ou doutra Administración educativa, as cualificacións obtidas nos módulos profesionais a que se refire o artigo 9 do Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que deberán figurar no libro de cualificacións de formación profesional, manterán a súa validez académica para tódolos efectos.

3. Correspóndelle á Inspección Educativa supervisa-lo proceso de cubrir e custodia-lo libro de cualificacións.

Artigo 15º

1. O profesorado, ademais das aprendizaxes dos alumnos e alumnas, avaliará os procesos de ensino e a súa propia práctica docente en relación co logro dos obxectivos educativos do currículo. Igualmente, avaliará a programación docente e o proxecto curricular.

2. A avaliación das programacións dos módulos profesionais correspóndelles ós profesores e profesoras das especialidades correspondentes, que, á vista dos informes das sesións de avaliación, procederán ó finaliza-lo curso á revisión das súas programacións iniciais. As modificacións que se tiveran acordadas incluiranse na programación seguinte.

3. Os elementos da programación sometidos a avaliación serán, polo menos, os seguintes:

a) Oportunidade da selección, distribución e secuenciación dos contidos ó longo dos módulos profesionais.

b) Idoneidade dos métodos pedagóxicos empregados e dos materiais didácticos propostos para uso dos alumnos e alumnas.

c) Adecuación dos criterios de avaliación.

d) Resultados das medidas de atención á diversidade adoptadas.

4. As modificacións ó proxecto curricular derivadas do proceso de avaliación incorporaranse ó proxecto curricular seguinte. Entre os elementos do proxecto curricular sometidos a avaliación figurarán:

a) Idoneidade dos itinerarios académicos propostos ós alumnos e alumnas.

b) Adaptación do desenvolvemento do currículo ás características dos arredores do centro e ás necesidades do alumnado.

c) Racionalización dos espacios e da organización do horario escolar.

d) Funcionamento da orientación educativa e profesional do alumnado.

Disposición transitoria

Mentres non se estableza con carácter xeral o procedemento para a validación dos módulos cursados na formación profesional ocupacional ou a correspondencia coa práctica laboral, esas validacións serán resoltas individualizadamente pola Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos.

Para tal efecto, os alumnos/as presentarán na secretaría do centro, dentro dos quince primeiros días de comezo do ciclo, unha solicitude na que farán consta-los cursos realizados ou a experiencia laboral que posúen acompañada da documentación acreditativa correspondente.

A dirección do centro remitiralle tódalas solicitudes acompañadas da documentación pertinente no prazo de 10 días á Inspección Educativa. Esta, á súa vez, remitiralle as solicitudes, individualmente informadas, á Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos.

A resolución tomada pola Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos, seralle comunicada ó interesado/a a través do centro educativo, e incluirase no seu expediente. Se esta resolución é favorable, farase constar nas actas de avaliación, no apartado correspondente á cualificación do módulo, utilizando as expresións de validado, ou exento, segundo corresponda, e a data da resolución estimatoria.

Disposicións finais

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos a desenvolver

e interpreta-lo contido da presente orde no ámbito da súa competencia.

Así mesmo, autorízase a citada dirección xeral a adapta-lo contido desta orde ás peculiaridades das ofertas de formación profesional destinadas a persoas adultas ou pola modalidade a distancia.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

FORMACIÓN PROFESIONAL

(Real decreto 676/1993, do 7 de maio; Decreto 239/1995, do 28 de xullo)

Centro

Expediente académico do/da alumno/a

Data da matrículaNº de expediente

Datos persoais do/da alumno/a

ApelidosNome

Data de nacementoLugar

ProvinciaPaísNacionalidade

DomicilioTeléfono

Nome do pai ou titor

Nome da nai ou titora

Antecedentes de escolarización

Datos médicos e psicopedagóxicos relevantes

(Só se é preciso adaptación ou diversificación curricular)

Cambios de domicilio

DomicilioTeléfono

DomicilioTeléfono

DomicilioTeléfono

Con datatrasládase ó centro

LocalidadeProvincia

Cualificacións de formación profesional

Folla nº

Curso académicoRéxime

O/a alumno/a

obtivo nocurso do ciclo formativo

de graoas seguintes cualificacións

Con esta data o/a alumno/a titular deste libro solicita que lle sexa expedido o título de

odede

Visto e prace O/A director/aO/A secretario/a

Asdo. Asdo.

6014