Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 20 de setembro de 1995 Páx. 7.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 267/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. en Mercado-Vilalonga, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio D3 que se vai substituír por un C-3000/20 nas liñas existentes 29.05 e 29.06 ata o apoio que se vai colocar n.1 onde enlaza coa L.M.T. subterránea proxecto ó C.T. Mercado-Vilalonga, concello de Sanxenxo.

Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 280 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón e metálicos.

L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 200 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.

R.B.T., aérea, de 380 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

R.B.T., subterranea, de 135 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Orzamento: 12.282.089 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 14 de agosto de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-05994