Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 20 de setembro de 1995 Páx. 7.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 268/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de desvio de L.M.T. a C.T. telefónica na estrada A Coruña-Vigo-Tui, tramo Redondela-O Porriño, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 8 da L 1E.04 ós CC.TT. Telefónica e praza Ponteareas, ata o C.T. existente de Telefónica, concello de Redondela.

Finalidade da instalación: desvío de liñas por ensanche de estrada.

Características principais: L.M.T., subterranea, a 15/20 kV, de 225 m de lonxitude, con conductor R.H.V.

L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 70 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón.

Orzamento: 4.382.604 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 14 de agosto de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-05995