Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 20 de setembro de 1995 Páx. 7.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 266/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de desvío de liñas en autoestradas do Atlantico no tramo Rande-Puxeiros, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: variante I -desde o apoio 9 da L.M.T. Troncal-Cidadelle-Redondela ata o apoio 13 da mesma liña; variante II -desde o apoio 5 da L.M.T. Troncal-A Madroa-C. seccionamento Cidadelle ata o apoio 8 da mesma liña; variante III -desde o apoio 4 da L.M.T. ó C.T. Maceiriña ata o apoio 5 da misma liña; variante IV -desde o apoio D-27 das liñas 42.03 y 42.05 Balaídos-C. seccionamento Peinador. Tódalas variantes no concello de Vigo.

Finalidade da instalación: desvio de instalacións a petición de autoestradas do Atlántico.

Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, con conductor tipo LA-56 de 180 m de lonxitude e conductor tipo LA-110 en 1.004 m de lonxitude, sobre apoios de formigón e metálicos.

L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 540 m de lonxitude (na Variante IV), con conductor tipo R.H.V.

R.B.T., aéreo-subterránea, de 1.840 m de lonxitude no tramo aéreo, sobre apoios de formigón, e 75 m de lonxitude no tramo subterraneo, con conductor tipo 1x25 Al.

Orzamento: 29.826.492 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 14 de agosto de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-05984