Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 20 de setembro de 1995 Páx. 7.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 265/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de desvio L.M.T. ó C.T. formación profesional de Redondela, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde unha arqueta existente, xunto ó pavellón de deportes, da L.M.T. que vai ó C.T. formación profesional, ata o C.T. existente de formación profesional concello de Redondela.

Finalidade da instalación: desvío da liña por construcción dunha piscina.

Características principais: L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 68 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

Orzamento: 1.202.459 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 14 de agosto de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-05983