Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 20 de setembro de 1995 Páx. 7.090

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de setembro de 1995, sobre concesión do título licencia de axencia de viaxes do grupo minorista a Lugotours, S.L., co número XG-163 e casa central na rúa Dezaoito de Xullo número 2-4, local 4 de Lugo.

Visto o expediente instruído por instancia de José Manuel Seoane López, na súa calidade de representante da sociedade Lugotours, S.L., en solicitude de concesión do oportuno título licencia da axencia de viaxes do grupo minorista.

Resultando que coa referida solicitude se presentou a documentación que se indica no artigo 4 e concordantes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, que regula o exercicio da actividade profesional que compete ás axencias de viaxes, e no que se especifican os documentos que terán que presentarse coa solicitude de outorgamento do título licencia.

Resultando que tramitado o oportuno expediente, aparecen cumpridas as formalidades e xustificados os extremos que se sinalan nos artigos 4, 5 e 6 do regulamento.

Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, para a obtención do título licencia de axencia de viaxes do grupo minorista.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, esta consellería,

RESOLVE:

Artigo único.-Concédese título-licencia de axencia de viaxes do grupo minorista, co número XG-163, a Lugotours, S.L., con casa central na r/ Dezaoito de Xullo nº 2-4, local 4 de Lugo, que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ós preceptos do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6013