Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 20 de setembro de 1995 Páx. 7.090

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de setembro de 1995, sobre autorización de apertura dunha sucursal da axencia de viaxes denominada Viajes Marsáns, S.A., sita na rúa Regueiro número 4 de Vigo.

Visto o expediente instruído por instancia de José Miguel Goiri Llano, na súa calidade de xerente territorial apoderado de Viajes Marsáns, S.A., C.I.C. MA-18, en solicitude de establecemento na rúa Regueiro nº 4 de Vigo, dunha sucursal da axencia de viaxes Viajes Marsáns, S.A., con sede central en Madrid, na rúa Arlabán nº 1.

Resultando que entre a documentación achegada coa referida solicitude, existe unha copia da documentación acreditativa da dispoñibilidade do local e unha copia do contrato de prestación de servicios entre a axencia e a persoa que exercerá o cargo de director.

Resultando que o director está legalmente capacitado para desempeña-lo dito cargo.

Resultando que da análise do expediente se conclúe que Viajes Marsáns, S.A., dispón dunha fianza suficiente segundo o establecido no artigo 15 do Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Considerando que o Servicio de Inspección emitiu informe sobre o estado e equipamento do local, acreditando que reúne as condicións suficientes para poder exerce-la actividade de sucursal de axencia de viaxes.

Considerando que no trámite do expediente se cumpriron as formalidades de rigor e se xustificaron tódolos extremos que fixan o artigo 5, apartados b, c, d e os artigos 10 e 15 do citado decreto.

Considerando os antecedentes expostos, disposicións legais invocadas e demais normas de aplicación.

Esta consellería resolve autorizar á axencia de viaxes Viajes Marsáns, S.A., con sede central en Madrid, na r/ Arlabán nº 1, o establecemento dunha sucursal na r/ Regueiro nº 4 de Vigo. Quedando inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9506121