Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 19 de setembro de 1995 Páx. 7.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1995, da Dirección Provincial de Lugo, pola que se anuncia concurso público para a adquisición mancomunada de material de esterilización para o Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, Hospital Comarcal de Monforte e Hospital Comarcal de Burela.

O director provincial do Sergas de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f do artigo 7º da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG número 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso público para a adquisición mancomunada de material de esterilización para o Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, Hospital Comarcal de Monforte e Hospital Comarcal de Burela.

Obxecto e orzamento: a adquisición mancomunada de material de esterilización para o Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, Hospital Comarcal de Monforte e Hospital Comarcal de Burela, desagregada nos seguintes lotes:

Lote número 1: bolsas de esterilización e control por un orzamento máximo de 3.056.850 ptas.

Lote número 2: gasas e compresas, por un orzamento máximo de 18.213.900 ptas.

Prazo de entrega: o material obxecto do presente concurso público deberá de ser entregado no prazo de un mes nos centros respectivos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitadas no Servicio de Réxime Interior da Dirección Provincial do Sergas de Lugo, rúa Doutor García Portela, 13. Teléfono (982) 29 69 10 e 29 69 13.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de 61.137 ptas. para o lote número 1 e de 364.278 ptas. para o lote número 2, e unha fianza definitiva do 4%. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se precisa.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados

polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Dirección Provincial do Sergas de Lugo antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, os licitadores deberán xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar á Dirección Provincial do Sergas a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Provincial do Sergas de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 10 de maio de 1995.

José Ramón Fernández González

Secretario provincial de Lugo

95-5917