Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 19 de setembro de 1995 Páx. 7.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración dunha mesa cirúrxica e un sistema de análise de electromiografía e potenciasis evocados.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f do artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG número 191, do 3 de outubro), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración dunha mesa cirúrxica e un sistema de análise de electromiografía e potenciais evocados.

Obxecto e orzamento: a subministración dunha mesa cirúrxica (lote nº 1) por un orzamento máximo de seis millóns trescentas mil pesetas (6.300.000 ptas.), e a subministración dun sistema de análise de electromiografíe e potenciais evocados (lote nº 2), por un orzamento máximo de nove millóns cincocentas mil pesetas (9.500.000 ptas.).

Prazo de entrega: os equipos obxecto do presente concurso deberán de ser entregados no prazo de un mes no complexo hospitalario.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hos

pitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n. Teléfono (982) 29 65 52 e fax (982) 21 29 24.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de 126.000 ptas. para licitar polo lote número 1, e de 190.000 ptas. para licitar polo lote número 2, e unha fianza definitiva do 4%. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se precisa.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mismo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 7 de agosto de 1995.

Luis E. Vicente Sánchez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

95-05925