Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 19 de setembro de 1995 Páx. 7.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a contratación de obras de reforma interior para a adaptación á normativa contra incendios NBE-CPI-91 nas residencias da terceira idade do Meixoeiro, Marín e Campolongo (Pontevedra).

Esta delegación provincial, en virtude do disposto no Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias en materia de contratación, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso

de procedemento aberto para a contratación de obras de reforma interior para a adaptación á normativa contra incendios NBE-CPI-91 nos seguintes termos:

-Expediente número 95/11/4-00049.

Residencia da terceira idade do Meixoeiro.

Orzamento: 14.259.912 ptas. (catorce millóns duascentas cincuenta e nove mil novecentas doce pesetas).

Prazo de execución: 3 meses.

Garantía provisional: 285.198 ptas. (duascentas oitenta e cinco mil cento noventa e oito pesetas).

Clasificación: non se esixe.

-Expediente número 95/11/4-00047.

Residencia da terceira idade de Marín.

Orzamento: 5.047.179 ptas. (cinco millóns corenta e sete mil cento setenta e nove pesetas).

Prazo de execución: 2 meses.

Garantía provisional: 100.944 ptas. (cen mil novecentas corenta e catro pesetas).

Clasificación: non se esixe.

-Expediente número 95/11/4-00048.

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo comúnesidencia da terceira idade de Campolongo (Pontevedra).

Orzamento: 6.247.554 ptas. (seis millóns duascentas corenta e sete mil cincocentas cincuenta e catro pesetas).

Prazo de execución: 2 meses.

Garantía provisional: 124.951 ptas. (cento vintecatro mil novecentas cincuenta e unha pesetas).

Clasificación: non se esixe.

Documentación esixida: a especificada nos pregos de cláusulas administrativas; presentarase independentemente para cada unha das obras.

Exposición documentación: as cláusulas administrativas, proxectos e demais documentación complementaria, poderán examinarse na Delegación Provincial de Pontevedra, así como nas súas dependencias, na Avda. Cánovas del Castillo, s/n de Vigo, tódolos días hábiles de 9 a 14 horas excepto sábados.

Presentación de propostas: presentaranse en sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en horario de 9 a 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de envío e a comunicación ese mesmo día ó órgano de contratación mediante télex ou telegrama.

Prazo: finalizará o prazo de presentación de propostas ós 26 días naturais contados desde o seguinte a esta publicación.

A apertura das propostas será realizada pola mesa de contratación o décimo primeiro día natural seguinte ó de finalización do prazo de presentación das propostas. Se coincidise en sábado ou festivo terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

Lugar: Delegación Provincial de Pontevedra, na sala de xuntas das súas dependencias en Vigo, sita na Avda. Cánovas del Castillo, s/n, ás 10 horas.

Os gastos derivados desta anuncio serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 24 de agosto de 1995.

Miguel A. Vázquez Ares.

Delegado provincial de Pontevedra

95-5919