Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 19 de setembro de 1995 Páx. 7.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, das asistencias técnicas para instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, no pavillón de autonomías na feira Alimentaria-96 (Barcelona) e outra máis.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación das asistencias técnicas que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso. O orzamento, clasificación e prazo de execución serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroelimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou por calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 19 de outubro de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 23 de outubro de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

1. Instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, no pavillón de autonomías na feira Alimentaria-96 (Barcelona): (número 317).

Orzamento: 17.000.000 de ptas.

Prazo de execución: 11 de marzo de 1996.

Clasificación: grupo III, subgrupo 3 ou 8, categoría B.

2. Instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, no pavillón de INTERVIN na feira Alimentaria-96 (Barcelona): (número 318).

Orzamento: 25.500.000 ptas.

Prazo de execución: 11 de marzo de 1996.

Clasificación: grupo III, subgrupo 3 ou 8, categoría C.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

95-5924